Un xa non sabe cómo interpretar as cousas. Se é o normal que o Olveira se arrexunte co Caballero ou se sería normal que o fixera co Figueroa, que parece máis rural e, polo tanto, máis galego, na mente dalgúns medios. Hai ben pouco a primera das opcións era imposible, posto que existía o argumento macanudo de que Caballero é "asi de jodido, el tío". Tanto repetiuse que acabamos por crelo. E agora que Caballero é así, pero tamén pode ser da outra maneira, pois o argumentario queda un pouco baleiro. Penso que o que sucedeu resposta á mera lóxica democrática deste pais, no que non goberna quen máis votos saca, senon quen máis vontades logra reunir ó seu redor. "O goberno dos perdedores" o chaman os que non logran reunir esas vontades. A min, que sempre fun dos perdedores dende que estaba nese patio de colexio do que algúns non saíron, non me parece mal.
Máis me preocupa o que algúns empresarios merecedores de loas e méritos nesta cidade sureña pensan que é eso de levar un negocio. Compro traballadores, materiais, contratos e, cando o negocio estoupa, o que hai que facer é perdoarlle as débedas. O "todo gratis" para os emprendedoes vigueses co aval da Xunta, por suposto. Agora mesmo Barreras vale menos que o chan onde está construido, pero esto é algo que xa se sabía cando no plan xeral de urbanismo que asinaron con Chema Figueroa, se querían construir pisos nese mesmo chan. Poderíase dicir que nunha cidade onde os pelotazos urbanísticos están á orde do día, o feito de que haia rigurosidade no cumplimento das normas é unha excepción que non había de durar. Qué bonito sería que a rigurosidade coa que miran os proxetos públicos a aplicaran ós seus negocios privados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada