viernes, febrero 17, 2012

Contra todos

Nestes tempos tróspidos xa non se respeta ni ós clásicos. Ónde quedou aquilo de "Caballero contra todos", "a estratexia da confrontación" e todas aquelas bandeiras de aillamento no que se empeñaban en nos meter? Agora hai quen se atreve a ver idilios entre o unialcalde Caballero ben co representante do goberno central, ben con outros alcaldes doutros partidos que se por algo destacan non é pola simpatía. Mesmo a nova estratexia nos parece levar a evidencias máis ou menos populares que acabarán por se reflectir en deixar de malos ós de Santiago, que xa se sabe que non son de aqui.

Son malos tempos para que o Partido Popular busque confrontacións, posto que a súa maior baza, que era o manexo de cartos públicos, agora mesmo é máis inconvinte que unha ventaxa. Calquera cousa que pretenda facer será vista con malos ollos, posto que agora son cabalo perdedor. Caballero é un tahur que nunca está contra as cordas, cun as baixo a manga presto a facelo saltar cando lle conveña. E como mostra, que ó intelectual do grupo so se lle ocurre criticar a ausencia de tres profesores despois de deixar o seu partido á educación pública con  138 profesores menos en toda Galicia. Non é oportuno o histerismo ainda que sexa wagneriano.
 
Free counter and web stats