Soamente unha reflexión antes de marchar á cama. Abel Caballero é quen mellor domina esta política de Salsa Rosa que disfrutamos. Quen non ten expectativas económicas, pero sí persoais, navega nesas augas como peixe. A súa folla de ruta está marcada dende antes de se presentar: Autoridade portuaria, tres mandatos na alcaldía e logo volta a Madrid entre honras e loas. Nin Galicia nin Vigo están no seu futuro nin o estiveron nunca. É un bo xestor que sabe máis por vello que por demo. Pachi Vázquez moléstalle porque lle pode cortar as ás no partido. A situación no taboleiro está configurada de tal xeito que se el cae, caen os amigos e os rivais.
O que non entendo é que Olveira pretenda facerse famoso nesta Salsa Rosa e ó tempo pretenda mantela dignidade. Gústame pensar que ten máis cabeza da que mostra, por moito que a realidade contradiga as miñas expectativas. Mellor sería entender o seu oficio como unha forma de pedagoxía e non unha ringleira de esixencias para conseguir abdominais pretos. Para iso xa temos a Figueroa e Louzán, que preparan o seu desembarco na Praza do Rei a conta de telefonazos ás tantas da noite. Como os tertulianos de Sálvame, vamos.
viernes, enero 13, 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada