Unha das cousas que máis chocan ó lector de prensa vigués son as realidades alternativas nas que se vive según qué periódico estea libre na cafetería. Se un colle o Fallo atopa que este ano a cidade vai repuntando pola parte do comercio ó tempo que os vellos proxetos van saíndo e se abren novas oportunidades de negocio, a pesar de que hai quen nos quere condear a ser un parque industrial e non unha fermosa cidade de servicios.
Por outra banda, se mira a Voz de Galicia e o Mundo Today vigués, atopará que a cidade está paralizada, que so se move por pulos externos, vellas glorias que se moven coa precuación de popes superviventes. Nada que ver coa tolemia que arrastra ós nosos gobernantes. Polo menos ata que cheguen tempos mellores.
lunes, enero 23, 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada