martes, enero 03, 2012
na corda frouxa
Neste día de cambio de goberno galego, a execución política de Caballero está cada vez máis preto. Por unha banda, o alcalde avisa de que non vai renunciar á súa estratexia de creación de traballo. Os datos semellan darlle a razón, creando emprego nun intre dramático no resto do país, pero iso que non impide que se repita a mesma teima: que é un chulito que non mola nada. E cando se pregunta que porqué, a resposta mete medo, posto que Olveira e Figueroa coinciden no mesmo: os presupostos deben ser negociados por primeira vez con todos os grupos municipais. Nunca se vira tal cousa e supoñemos que cando o Pp goberne en minoría fará outro tanto. Fai mal en lle pagar todos os pufos ós do Bloque como mostra de boa vontade. Para botalo sempre haberá unha boa excusa, por moito que a lenda negra de enfrontamentos do alcalde non teña demasiado fundamento.
Etiquetas:
caballero,
figueroa,
moción de censura,
olveira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada