miércoles, diciembre 07, 2011

vaise armar

Vaise armar a gorda. Lembran vostedes que recén anunciada a convocatoria de eleccións e sen que ninguén lles preguntara sairon o Fernández Alvariño e o García Costas a contar aquilo do viguismo mal tratado? "Ninguneo" dixeron daquela que era a ausencia de terminal de carga en Peinador e o Plan de Transporte da UE. Que Vigo non fora porto de referencia pola ausencia de AVE supuxo según eles declarar á cidade ó ostracismo, á fame e á barbarie. O Alvariño en concreto dixo que se "había hartado", non de percebes, como sería de esperar para alguén dos seus posibles, se non de tanta ignominia. Mesmo demostrou que el tamén é leído e mentou á pobre Rosalía de Castro, que non estou eu moi seguro de que lle consolase moito ver volver en Ave aos galegos, se volvían negros. A Alvariño, como a Amenabar, gústalle máis a parte da negra sombra, o que mirando para o empresario é comprensible. Pola súa parte García Costas non falou moito, que el é máis de xesto, de fruncilo entrecello e dar a entender o seu disgusto. Máis ou menos como Javier Garrido e Encarna Álvarez, que tamén andaban por alí penando tanta dor e angurias mercantís.

Pois non quero nin imaxinar como se van pór estes señores tan importantes, representantes da mellor caste viguista, cando se enteren de que o próximo presidente do Estado non quere o Ave a Galicia en xeral nin a Vigo en particular. Eles cando dicían aquilo de "contención no gasto público" supoño que se referían ó gasto en soldos de mestres, médicos, bombeiros e policías ("funcionarios" os chaman eles) e non nun Ave tan morrocotudo e imprescindible para o benestar xeral. Porque o Rajoy saberá onde está Coruxo e o resto das parroquias e as súas necesidades, pero está visto que ser galego non é garantía de que lle importe.

Pois aquí quedamos, esperando a furibunda reacción destes señoroñes da CEP, Cámara de Comercio e Asociacións de Comerciantes e Promotores, que cando hai que dar un golpe enriba da mesa, son os primeiriños en se apuntar. Medo debe estar pasando Rajoy, probe.
 
Free counter and web stats