miércoles, diciembre 14, 2011
tranquilidade
Hoxe é un día repousado. Fóra da idiocia da nosa concelleira de urbanismo a media xornada non hai moito máis. E para iso xa estamos acostumados nesta cidade a ter concelleiros a medio gas. O foi Javier Guerra, que non renunciou ós seus intereses comerciais mentras traballou como concelleiro de economía e persoal, o que lle valeu o alcume de "o mudiño", por so aparecer polo Concello a asinar os luns e venres. Tanta actividade derivou, entre outros logros, en ter que aceptar infindade de demandas de traballadores que foron renovados automáticamente e convetidos en fixos sen oposición no concello durante os anos seguintes. Pero non nos fagamos sangue ós uns ós outros, vivamos calmos á espera do seguinte animal mariño que veña morrer ás nosas costas. Así que lembre de boas, van duas tartarugas e outras tantas baleas. Mentras tanto, queden con este blog. A min gustoume.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada