martes, diciembre 13, 2011

segundo día do ave

Segundo día do Ave de correr e chegamos á conclusión á que chegara hai tempo Roy McAvoy: hai situacións na vida que ou as defines ti ou che definen elas a ti. Do mesmo xeito que o bravido Tin Cup foi famoso por tirar bola tras bola á lagoa, Caballero pasará á historia por se obcecar nunha serie de explicacións cada unha delas máis absurda que a anterior. Co doado que sería dicir que sí, que en Coruña teñen mellor tren, non sei si Ave ou non Ave, pero teñen nova estación, novas vías, están conectados e preparados para que veña un tren xaponés se fora necesario, mentras que en Vigo aínda temos as mesmas infraestruturas que nos anos cincuenta, que tampoco están mal se queres perder dez horas da tua vida metido nun tren. Que o de Coruña-Ourense non leva mercadurías, que non vai tan rápido e ademáis é caro. pero qué envexa poder ter un deses, chuliño, viaxar co Cascos ó lado, mentras escrebe marranadas co móvil, comprar o Fallo en Vigo e tiralo en Madrid antes de que as noticias se fagan vellas. Buah, neno, ni patrás. Ese soño imposible exprésase ben na idea de que aínda non hai Ave en Galicia. E por qué non hai? Acaso o Blanco e máis o Feijoo tiraron o timo máis espectacular da historia, facéndonos crer que o tren ese non era o vello Talgo? Pois non. Non hai Ave porque non hai Ave en Vigo e se non hai Ave en Vigo, non hai Ave en Galicia. Así que ainda estamos a tempo. Que non rían tanto en Coruña porque eles non o saben aínda, vas ver qué cara poñen o día que se enteren. Cren que teñen Ave, pero non o teñen.

Qué derroche de talentos en aquel peliculón.
 
Free counter and web stats