Penso que en xeral non nos podemos queixar. Vigo é unha boa cidade, de clima amable, orografía característica e nos últimos tempos mellorada con humanizacións en Manuel Álvarez ou Escultor Gregorio ás que hai que engadir as que van comenzar en Severino Cobas. O próximo ano teremos unha das depuradoras de auga máis modernas de Europa, unha área metropolitana, e un pouco máis alá un hospital que aliviará un pouco á malpoucada sanidade viguesa, se é que ven acompañado de contratación de persoal. O noso aeroporto recibiu axudas por valor de tres millóns de euros e rematou un aparcamento que levaba anos proxectado. Penso que en xeral non está mal, posto que estes son os méritos que se alegan dende o Pp, só nos últimos anos. Como todo o mundo sabe este partido síntese tan alleo a Vigo que non os considera felices, senon froito de traballo e esforzo.
E se lles parece pouco atinado o plantexamento, pensen que os tempos cambian. As exclusivas nesta cidade xa non caen todas do lado do Fallo de Vigo. Agora sabemos que o cobro de 8.000 euros ós Irmáns Misioneiros de Teis por parte de Aqualia débese á Xunta de Galicia e non ó Concello gracias a unha exclusiva da Voz de Galicia. Bo, de feito pensamos que a información debe estar errada, posto que nin sequera existe débeda da Xunta con estes irmáns de Teis pola compra do castelo de Pambre. A débeda é do castelo mesmo, según a nova do Atlante Diario. Pero as exclusivas non fican todas aí. O Atlante Diario tamén ten as súas. Por exemplo, sabe ben que, para aforrar, a Deputación dase de baixa de Vigo. Tan dolorosa perda so a coñecen os de Camelias. O resto so saben o que dixo o mesmo Louzán, que é que vai aforrar 6,5 millóns de euros deixando de contratar 70 persoas no 2011 e 112 millóns no 2012 (según sinxela regla de tres). E eu que pensaba que se sacabas 182 traballadores da Deputación, ésta quedaba baleira. Cómo se nota que non sei xestionar inversións productivas. Claro que nin sequera sei como carallo dase un de "baixa de Vigo", e menos agora que vai ser a Deputación das Rías Baixas, e non do Deza, por exemplo. Claro que como siga Caballero de alcalde en Vigo acabaremos por nos sair tamén das Rías Baixas, verás.
miércoles, diciembre 21, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada