jueves, diciembre 22, 2011

dicen que dicen

Hai temas que son complicados de cojones. Por exemplo, que Aqualia lle pase aos Irmáns Misioneiros de Teis unha factura de casi 8.000 eurazos. Pois se os gastan será o normal pensarán vostedes. Pois non, poque polo visto este tipo de Irmandades ten dereito a auga gratis. O caso é saber entón por qué lle pasaron esta facturaza tan gorda. Onte pensamos que foi cousa do canon da Xunta, que non sei ben qué carallo é porque eu, a diferencia de moitos vigueses, non miro moito as facturas porque non as entendo. Entendo que non debera ser así, pero o caso é que non as entendo e non as miro, qué vou facer. Pero estabamos no dos curas de Teis. Hoxe xa non é cousa do canon da Xunta, senon de Caballero (non hai premio para quen acertase, era moi doado de adiviñar), que retifica ó mesmo tempo que se descubre a trapallada. Por se algunha dúbida hai, sae un señor da Xunta a dicir que eles non cobran nada, que é Aqualia quen pasa os recibos. Mesmo hai unha lei para permitirlle a Aqualia cobrar a quen queira. E entre tanta perogrullada o único que queda claro é que ao fin os curas de Teis non pagarán a auga, máis que nada porque os 8.000 eurazos eran de facturas dende xullo e tivemos que chegar a decembro e á prensa para arranxalo.

Porque esto de contar as cousas á prensa é o que ten. Que hai veces que te cren e outras que non, hai veces que pon "Fulano di que" e outras veces non e van e escreben o que dis ti sen máis. Mesmo poden escribir máis do que ti dis e dicir non que unha concellala che impidiu mirar nun expedente, senon que foi o mesmo alcalde en persoa quen o fixo. A través do corpo da súa concellala, sí, pero é que xa se sabe que Caballero toma posesión dos corpos en canto se despistan un pouco. Máis ou menos como Figueroa pero sen alcohol por medio.
 
Free counter and web stats