jueves, diciembre 15, 2011

as lembranzas

É curioso o que sucede ultimamente na cidade. Fóra de preocupar a alarmante declive das empresas do naval, ou de nos alegrar por ir limpando a costa na medida do posible, de nos preguntar por proxetos que hai nada parecían seguros, e que naufragan sen intención de sair da realidade alternativa das notas de prensa. En lugar de nos preguntar se deberemos levar xabón e toallas a próxima vez que vaiamos ó médico, mentras se constrúe un hospital cuias duchas van ser privadas, por certo; ou se a cultura será a próxima sacrificada para protexer os beneficios dos xestores, mesmo parecemos esquecer as posturas que tomaron, por exemplo Olveira e Figueroa, nos momentos importantes para todos. En lugar disto o importante é o que pensa unha persoaxe como Carlos Príncipe sobre Carmela Silva ou se as beirarrúas se cambian soas ou fan falta traballadores para facelo. Co feo que sería lembrar que Carlos Príncipe logrou os peores resultados electorias do seu partido na cidade e ninguén o fai.
 
Free counter and web stats