miércoles, agosto 31, 2011

por fin empeza o cole

Con este tempo tan podre non hai maneira de disfrutar destes últimos días de verano, así que o mellor é disfrutar dos avances cos que teñen a ben agasallarnos. E para iso tamén hai que ter ganas, porque sonche todos refritos. Por un lado, a cousa esta do comité de rutas, que non servía porque os alcaldes eran todos sociatas. Pois agora que non son sociatas resulta que xa nin reunirse queren. Bo, sí, quere reunirse o sociata, o de Vigo. O resto, se non é para aqueles "localismos" tan noxentos cando había outros alcaldes, nin sentan. O proxeto de Feijoo de facer de Galicia unha cidade única acabou o día que gañou as eleccións municipais, o que dá idea de cómo se organiza o partido. O Figueroa sí que sabe facer as cousas. Para que saiban todos de qué va, vaino contar ós afiliados. Hai quen podería pensar que máis ben vai ameazar ós afiliados, pero iso son maledicencias que non teñen fundamento.

Máis ou menos como aquelas que contan dun conselleiro de Cultura do Pp que levou un ungüentario de Vigo para expoñelo en Santiago. Pois ata que non chegou o bipartito progresista non regresou o cacharro. Pero aquilo molestaba ó viejuno ofical vigués, que quería poñelo no Museo de Castrelos, porque para iso o seu fillo amañara unha sala para póñelo. Non valía o Museo do Mar, claro, porque foi idea da Conselleira doutro partido que non é o do seu fillo. Agora que un conselleiro do Pp lle leve a contraria a López Chaves, viguista viejuno oficial, xa non é tan importante onde se expoña o carallo do becho. Como verán é un pouco lioso todo esto. O único que tiramos claro é que "despois de pasar tanto tempo baixo o mar, tanto ten onde se poña o ungüentario e en qué condicions". Ou polo menos esto é o que opina o amigo dos Pazos, pai do presidente do porto vigués. E con estes paus montamos en Vigo unha fábrica de coches. E non a facemos de cohetes espaciais porque non queremos. Porque se nos poñemos, ata en Francia poñénse rectos cando nos cabreamos. En Bruselas xa te andan media acojonados coas nosas propostas. Aquí non tanto, claro, porque non as coñecemos aínda.
 
Free counter and web stats