martes, agosto 30, 2011

fin de verano

Este é un fin de verano bastante podre. Ata mañá non acaba agosto, pero coa que está caendo creo que se pode dar por acabado dende hai días. De feito nin sequera estoi moi seguro de que teña empezado. Serviría de algo si os datos de ocupación hotelera acabaran por nos convencer de que quen ven a Galicia no é polo sol e praia, nin sequera nas Rías Baixas. Tampouco veñen polo Are More, gracias a Deus. Non porque Caixa  Galicia ou Nova Caixa Galicia xa non o patrocine, que non o fai dende hai tres anos anos. Posto que nin a Xunta nin o Concello fan moita máis cousa por mantelo en vacas fracas, acabou por desaparecer. Quede como lembranza que a última edición foi presentada por dous políticos do Bng e dous do Pp. E logo dicían os do Bloque que a xente non entendeu a súa política. Ó mellor é que a entenderon ben. Máis ou menos como entenderán a de Caballero. Ninguén vai botar de menos este festival máis que as nais que levaban ós golfiños ó concerto para bebés. E non digo que non se debe celebrar, que a fin de contas ter un auditorio para enchelo de conferencias sobre temas médicos ou pedagóxicos pois ben está, pero non precisabamos gastar os cartos para iso.

Supoño que andar a gastalos cartos en cousas desas, de auditorios para congresos, digo, é o que se coñece como "vacas gordas". Eu sonche pouco de congresos, porque nunca entendín moi ben eso de que andemos a reunirnos a pensar en cousas que todo o mundo sabe que non funcionan. Así é como pensar en facer obras cando non somos nin capaces de nos organizar para pagalas. E menos mal que desta vez invitou o conselleiro, porque si non había quen nin a axenda é capaz de argallar. Claro que en Galicia os cartos saíron sempre do mesmo sitio, tampouco vai ser cousas de pórse a pensar así de golpe.
 
Free counter and web stats