Algún traballo se estará a facer na xerencia de urbanismo ademáis de pedirlle papeis ós pobres empresarios da construcción que non entenden porque agora non poden "ir construíndo" sen máis como fixeron os emprendedores aquí de toda a vida. Entre outras cousas parece ser que despois dun feixe de decenios alguén fai algo para evitar os derrubos que custarían millóns ós vigueses. Polo momento xa levamos catro anos sen nengún regaliño destes. Outros son máis complicados de legalizar posto que necesitarían metros que non saen por ningunha parte, sóbranlle presencia que non hai como disimular, ou directamente os seus donos non queren meterse en papeleos.
Logo hai quen protesta que a cidade, como se "a cidade" e o negocio inmobiliario foran sinónimos, non avance. Ademáis destas chapuzas que custan tanto esforzo arranxar, do problema económico nacional que nos trouxo esta crise xeral, das tontunas das administracións que deciden que hai que gardar ruínas sen teitos nen paredes, sempre que non estean nin no casco vello nin no barrio do Cura nin no centro da cidade, hai que engadir os ben pensantes que todo o solucionan meténdono debaixo da alfombra. Se todos estamos de acordo en que algo non existe, non tería que nos molestar, supoño.
jueves, abril 14, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada