Rabo de Galo foi a promotora que primeiro tivo acceso ó solo público para construir os seus edificios e o último en comenzar a construilos. É a promotora que máis pisos puido construir. Para solventar a obrigatoriedade da lista de demandantes de vivenda protexida da Xunta de Galicia, utilizou o subterfuxio de crear unha cooperativa. Quen quixera entrar na cooperativa tiña que pagar a construcción dos baixos. Os custes destos dividinse por particpacións. Estas participacións aumentaban coa altura do piso. O que compre un primeiro tiña que pagar pouco destas participacións dos baixos, mentras que o décimo tiña que pagar ata 60.000 euros a maiores.
Todo esto é legal, posto que unha cooperativa ten libertade para tomar decisións deste tipo. O problema xurdiu cando a promotora non foi quen de atopar compradores cooperativistas por culpa da crise inmobiliaria. Os sobreprecios e a suba do coste legal das vivendas de prezo protexido facían moi complicado a adquisición destas vivendas para os compradores. Así que tivo que acudir ás listas de demandantes de vivenda protexida da Xunta. Pero xa tiña "adxudicados" certos pisos a certos compradores, que pagaran por eles. E ademáis os novos compradores que acudiron por medio da lista da Xunta non son parvos.
A promotora non lles permitiu ver os pisos ata pagar unha entrada (algo asombroso que non entra en cabeza ningunha) nin facilitou planos nin garante destes cartos, aínda que está obrigado por lei. Ademáis, posto que a altura do piso depende da orde de chegada á lista de demandantes de vivenda protexida, houbo quen quixo os pisos superiores (son sempre os máis solicitados xunto os más baixos). A promotora segui ligando as alturas máximas (e mesmo a adquisición do piso) ós sobreprecios (xustificados cunha segunda praza de garaxe ou calquera mellora que non custe eses 60.000 euros). Pero despois de Provivendi e Construcuatro, parece ser que a xente perdeulle medo a denunciar. Haberá que lle lembrar a este valentes denunciadores que as denuncias aceptadas pola Xunta de Galicia producíronse en tempos do bipartito. O Pp nunca aceptou ningunha reclamación por sobreprecios ou irregularidades no polígono de Navia. De feito a recente multa que lle caiu a Construcuatro é a máis baixa das posibles.
viernes, abril 08, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada