jueves, abril 28, 2011

o conflicto de povisa

Un pensaba que a liorta entre Povisa e a Xunta de Galicia tiña como trasfondo algun escuro feito persoal ocorrido entre Feijoo e Silveira, que xa non parece tan ben mirado entre estas novas camadas populares. É este conflicto unha desas cousas que non deixan de chocar. Mentras miramos para as limpadoras dos colexios, que semellan metidas nunha lea administrativa da que non dan saído, e sen a axuda do bloqueiro Olveira, a quen lle correspondería algún papel maior que declaracións de boa vontade, 1.500 postos de traballo quedan no aire. Dirán vostedes que será para presionar á empresa privada para que colabore nas amplas listas de espera que acumulan. Pois non, o que lle preocupa a Feijoo é o gasto en pírulas de Povisa. Se tardan un ano en operar non é problema seu, que lle basta con non contalo nas tardanzas oficiais.

Visto por onde tiran as cousas non sería de extrañar que o convenio entre Povisa e o Sergas non tivera unha duración demasiado longa. O suficente para lograr que os "quirofanillos para ciruxías menores" doutros proxetos empresariais máis afíns ás camadas populares teñan oportunidade de desenvolvemento. Mentras o outro gran hospital privado xa prepara o seu traspaso a mans amigas, nace un punto de encontro que en lugar de pacientes ten clientes (sic.), unha especie de centro comercial da saúde e presentado polo nadador que cobrou 40.000 euros por 20 quilómetros (so dous euriños por metro, deberon pensar no Xacobeo, S.A.), co apoio de empresas desas que tanto se estilan agora. Limpeza, contratación, seguridade e un pouquiño de servicios sociais, acompañar a velliños e esas cousas, para que non se diga que non saben qué coño están facendo. A sanidade viguesa ten un mal endémico dende hai décadas: ausencia de fondos económicos. Pode chamarse como se queira, pero se non hai cartos e os que hai van para contratar directores e non médicos nin enfermeiras, a cousa non ten moitas voltas. O cuarto hospital vai significar a desaparación do actual primeiro hospital, o Xeral vai deixar de dar asistencia para operacións e ingresos. Se logo non é quen de dar asistencia a 400.000 habitantes para consultas e operacións ambulatorias, non debe preocuparnos. O novo centro comercial da saúde sempre estará disposto a botar unha man.
 
Free counter and web stats