martes, abril 12, 2011

apunta por non esquecer

Un dos mellores blogues do blogomillo xa hai un par de meses que pechou, pero non din fe ata o de agora. Esas cousas pasan, supoño. Era deses blogs que había que ler amodo, paladeando as ideas, que fiaban unhas noutras dun xeito natural, concluindo nesa expresión que sempre era a mesma "¿cómo non me din conta antes?". Agora so queda seguilo na cousa do twitter, que pronto traduciremos "piadas".

Esto do blogomillo queda en mans dun par de voluntariosos; o feisbuc se non tes fotos dun bar ou dunha cancha non compensa, por que non es fiable; e o twitter, pois polo momento aí está, non acredito máis. Cada día o hipervínculo dame máis preguiza, o hipertexto non me estimula e a conversa mundial parecéseme cada vez máis ó bar. Entre Público e a Ser non dou diferenciado. Claro que tamén a República dame máis por aí hoxe que onte e de todos os gurús so quedo con Gorka Limotxo. Así que non fagan moito caso.

1 comentarios:

F. Míguez dijo...

Moitas veces me puxo vostede colorado cos seus comentarios. Con isto case me fai chorar.
Ánimo ós volutnariosos, que eu, dende o bando lector, continúo a seguirvos.
Apertas.

 
Free counter and web stats