viernes, febrero 25, 2011

fin de semana

Lembro cando os venres era días apacibles, gardados para comentar os estrenos cinematográficos, teatrais ou literarios. As actuacións nas rúas de titiriteiros e esas cousas, as regatas dos barcos na Ría, os feirantes que acampaban en Samil e os concertos dos bares. Agora todo eso pasou, os venres son días de guerra, os apaches saen das madrigueiras cos tomahawk na man. E sorte é se son so machados e non pistolas. Polo momento xa empezamos cos papeis, que son sempre o que compre sacar antes das armas de fogo se é que queremos ser civilizados. As naves da fruta, do Berbés, a fonte cibernética, teñen sido o pesadelo dun goberno que polo momento ten sido impecable en canto á sentencias xudiciais se refire. O suposto permiso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para continuar coas obras portuarias non pasan de consentir o concurso público e realizar un estudo. De feito so menciona a execución das obras para dicir que "non estamos ante unha execución inminente das obras". Cousas da lentitude da xustiza. Cando nos deamos conta ó mellor hai que tiralo todo, pero non será por que non lle avisaron á Porro.

Estamos na última curva antes da recta final. Queda menos de un mes para as eleccións e hai que ir deixando as cousas claras. O traballo de Caballero está espallado por toda a cidade. Tamén o está o seu principal inimigo: as tonterías que di el mesmo. A ningún outro alcalde se lle mediron tanto as palabras, o que está moi ben, pero ás veces é un pouco cansino. Sería como lembrar constantemente que Corina prometeu eliminar o imposto do lixo en Vigo nas primeiras eleccións nas que se presentou e ó non logralo, xa non o incluiu nas promesas da segunda oportunidade. Non sabemos o que fará nesta terceira. Estos temas son aburridos. Tanto ten a altura da fonte de Gran Vía, a data do Ave ou se o Auditorio estréase en xaneiro ou en marzo, sen non fose porque Caballero sérvelle en bandeixa ós seus rivais todas estas cuestións. As promesas que se cumplen non lucen, porque son obriga.

En Vigo sempre deu igual que se cumpliran ou non. O importante sempre foi que che reciba o concellal ou o alcalde no seu despacho. Que puideras ir ó pleno a berrar, que tiveras o móvil do político e que puideras chamalo mentras lles explicas as obras ós veciños no bar. E a Caballero non lle gusta dar o seu móvil a ningures, nin recibir á xente, nin está disposto a se reunir co pedáneo, co representante veciñal ou coa comisión de afectados. Pensou que solucionando os problemas, facendo as obras que lle pedían, sería suficente, pero penso que se equivocou. Que esto é Vigo e aquí hai que se reunir con calquera que presuma de "representar" a centos de veciños, recoñecer as culpas, darlle información privilexiada, falar mal do contrincante e deixalo que marche cunha promesa e un mea culpa. Se se fai logo ou non o prometido, nunca ninguén o valorou. Aquí a xente non lle importa que se fagan cousas, porque nunca se fixeron ou se fixeron con dous anos de retraso e non pasaba nada.

E logo están os compañeiros camaradas do Bng, que tampouco o poñen fácil. De María Méndez non imos dicir nada porque non é a primeira vez que lle dá un ataque en público. Máis preocupante é que lle pareza mal que a xente se manifeste sen lle avisar. Que considere que se os seus cachorros saen da madrigueira sen o seu permiso ou coñecemento se pode considerar unha aldraxe é preocupante para alguén que vende a súa humanidade como valor engadido. O rollo aquel do quintanismo e o posibilismo, a real politk e todaaquela merda debera pasar por saber que a súa perda de votos vai signficar pór unha loira no Concello. E agora non falamos da Méndez.
 
Free counter and web stats