jueves, junio 24, 2010

aniversario bipartito

Es cierto que no está nada bonito eso de utilizar los medios públicos para realizar propaganda de un partido político, aunque en este caso sean dos. Por muy bonito y buen puesto que esté todo, por mucho que se haya hecho en este tiempo, bastante más que otros gobiernos, que se vaya bien encaminado y que Vigo sea el más listo de la clase.

Tampoco era cosa de que contasen sus defectos, sólo a un cretino se le podría ocurrir que hicieran esto. Aunque el cretino sea especialista en el reconocimiento facial del "gran Vigo" e incluso de sus relaciones familiares, personales y profesionales no es complicado encontrar agujeros en estos tres años más que evidentes. El problema puede venir si estos defectos no son sólo de ellos, si no compartidos por el resto del "gran Vigo" ausente.

- Ay, Santiaguiño, sabes bien que no hay otro tan maravilloso como yo.
- Vale, vale, ¿pero tú le has visto las perolas a ésta?
- Ji, ji, Santi, neno, que con las cosas de comer no se juega

a autovía do barbanza

Cando o anterior goberno da Xunta decidiu realizar unha autovía na comarca da Barbanza, tivo que soportar que Feijoo acusara á conselleira de realizala adxudicación por 30 millóns de euros máis que a oferta que eles consideraban mellor. De feito mesmo chegou a acusar á conselleira Caride de ter intereses persoais neste sobrecuste. O Pp puxo unha denuncia nun xulgado por este tema, que foi rexeitada. Cando Feijoo ganou as eleccións, pagou 4,5 millóns de euros á empresa concesionaria e parou a obra, prometendo que eles a executarían por 216 millóns de euros (máis de cen millóns menos que o proxecto do bipartito).

Actualmente Feijoo volvena a adxudicar, esta vez case por 400 millóns de euros máis que a oferta inicial do bipartito. Onte este dislate foi denunciado no parlamento galego polo Psoe. Pero non se preocupen, que La Voz de su Amo xa atopou unha explicación clara a este tema: "ninguén dá duros a catro pesetas". O resto é pura crispación.

- Agustín, ¿estás seguro de que por aquí vamos bien?
- Que sí, Feijoo, tú písale, que aquella vieja es de Unións Agrarias.

miércoles, junio 23, 2010

feos


Sabíamos que los marineros eran feos de carallo, pero no tanto que pudieran trabajar en el aeropuerto oliendo maletas.

os menores

Nestes tempos nos que os ricos recollen ós nenos probes para acollelos, adoptalos e, en xeral, negarlles o dereito básico a se criar na súa familia natural, esta ben que o Estado se preocupe pola intimidade do menor, pero ben podería ter empezado polos xitanos gordechos.

outro san xoan

A partir desta noite os días serán máis curtos, disminuíndo progresivamente ata decembro, que voltaremos outra vez ó mesmo. E cando pase este novo ciclo, aínda seguiremos co mesmo, coas propostas políticas, a publicidade institucional, as frases e declaracións de portada para dar que falar. Non podo saber o que sucederá, por sorte, claro, mesmo moitas veces dubido de ser quen de enterarme do que sucede ou ten sucedido. Estas datas deprímenme, coas súas voltas eternas e independentes.


Unha é a rabieta do Faro de Vigo contra a Voz de Galicia. Co gallo de que os nosos grandes empresarios se pon nervosos, defenden o viguismo natural. Esta é unha baza que poderían xogar dende o Concello, se non fóra pola torpeza dos protagonistas. Dende logo a polarización galega se podería presentar na cidade cun norte-sur, Pp-Psoe que tanta tradición ten por aquí. Pero para facelo interesante sería necesario rachar co viguismo anquilosado, amosar os defectos nacionais e as incoherencias do rival.

Abel Caballero conta coa vantaxe de non ter que presentar un proxeto nacional, pero isto non lle exime de presentar outro máis alá do local. As vellas esixencias sobre o transporte de mercadurías e de persoas pode ser unha boa saída ó nu gordiano no que meteuse el soíño, xa que non é quen de articular un programa de servicios sociais e emprego coherente.

lunes, junio 21, 2010

leña al mono

A medida que avanza el tiempo y las elecciones locales se acercan, los dos medios despechados de la publicidad institucional se rebelan cada vez más. Del Atlántico Diario es normal esperar determinado tipo de reportajes y de La Voz de Galicia cada vez son más frecuentes estas declaraciones de guerra abierta, estos alegres artículos de investigación y fino análisis. Con unos resultados de ventas de toda la prensa en franca decadencia, la única salida son los apoyos institucionales, sobre todo en el segmentado mercado gallego.

¿Viviremos la paradoja de tener que conocer la temperatura política por medio de El Faro de Vigo? No llegará la sangre al río, y por mucho que le ponga una vela a dios y otra al diablo, a quien nunca se la pondrá será al lector (si se anima a entrar en los correspondientes enlaces, puede preguntarse porqué nadie pensó a la hora de diseñar el cinturón vigués una vía capaz de albergar nuestras maravillas industriales o por el mérito de inaugurar menos de 800 metros de paseo en una ciudad como Vigo, a parte de la presencia ministerial).

Particularmente desearíamos que el actual alcalde tuviera capacidad de liderazgo más allá del colegueo con los ministros gallegos, dejándose ver como alternativa más allá de Chapela. Pero eso significaría exigirle un conocimiento y unas capacidades de las que no dispone, mientras que Porro y Olveira están más bregados en estas lides caciquiles. Aún no entendemos que el escándalo de Gondomar no sea explotado por más que los habituales sospechosos socialistas pontevedreses, que Caballero no defienda una idea de transporte metropolitano bien definida, que hable por calentones que le impiden después explicar un proyecto global y consensuado de servicios sociales, por ejemplo. No queriendo entrar al trapo del barro de la política local más que cuando toca lucirse, empieza a repetir los peores defectos del político vigués: crear propuestas para él solo, independientes del resto del mundo y de la ciudad misma.

jueves, junio 17, 2010

o galego

Pretendían os contrarios ó galego que os pais decidiran se os seus fillos falaran galego ou castelán na escola. Por exemplo, nun lugar onde a maioría fose galego falante, pois as clases se darían en galego. E onde a lingua materna fose o castelán, pois as clases serían en castelán. Este principio non ten en conta que a aprendizaxe do castelán está asegurada polo continuo contacto con este idioma, mentras que co galego non sucede o mesmo (mesmo hai quen se ofende porque a televisión galega emita maioritariamente en galego).

Actualmente, coa aprobación do novo decreto feijooniano do galego, se a maioría dos pais (o 51%) queren que as clases sexan en galego, estas clases serán en galego. A non ser que vivas nunha cidade castelán falante, onde non importa o que queiras, posto que se a maioría dos pais deciden que os seus fillos se eduquen en galego, terán que facelo en castelán. A libertade lingüística está moi ben ata que a maioría opta pola opción non esperada, esto é, que en Vigo ou en Coruña, os pais escollan a educación en galego. Entón non hai libertade que valga. O importante será que sempre exsita a opción en castelán como a primeira opción, sendo o resto meras posibilidades que haberá que solictar e polas que que haberá que pelexar ante a administración.

ideas

Ocurriuselle ós veciños e recolleu a proposta o Bng de Olveira, que está ó quite. O de alongala praza do Berbés ata o mar. E para iso andiveron a rechear? Para iso bastaba con non ter feito nada, pero nestes tempos en que o novedoso e voltar ó vello, en que semella unha necesidade escachalo todo para, trinta anos despois, detacarse de que estaba mellor antes, pois benvida sexa a idea se é que non damos para máis. Dende aquí non sabemos moi ben se sumarnos á idea como fai o Conselleiro de Política Territorial, que di que é unha alegación máis (é curioso que desta o número de alegacións non sexa dato público, como no caso do proxecto anterior da socialista Caride, daquela con corenta foron suficente para tiralo abaixo) e de Corina Porro, que fiel ó seu estilo belenestebanizador lembra ós ovos da galiña antes de opinar.

En calquera caso o que non faremos será falar mal do Berbés, que tampoco é para tanto.

miércoles, junio 16, 2010

planeando a precampaña

Leva o Pp local hai tempo querendo ter influencia en diversos ámbitos da cidade con distinta fortuna. Tentouno na Universidade, logo no Clube Finacieiro, o Colexio de Abogados,e non sempre amosa bo tino á hora de actuar. Probablemente o descaro de Alvariño ou a alegre inconsciencia de Garrido non sexan suficentes como para lles dar o prestixio que Corina non ten entre o empresariado e clases pudientes en xeral. En calquera caso a súa capacidade de xestión queda en entredito non so no tema dos bares e tendas no porto. Máis empaque semella ter Caballero e o os seus contactos madrileños feitos carne no lucense Pepe Blanco.

Pero este empaque semella ser o gran enemigo do sentido común que tanto lle falta a Caballero (por outra parte, para ser alcalde desta cidade hai que ter ben pouco deste). Sorrí cando os cartos para o albergue pasan do 100% ó 50% e so se lle ocorre pedir a xestión das garderías, supoñemos para ser quen de cumplir a súa promesa electoral.

viernes, junio 11, 2010

comprar vivenda en tempos de crise

Aproveite a oportunidade, home, que agora os precios están tirados. Que teme quedar sen traballo? Que lle preocupa que por moi barato que sexa o prezo aínda sexa caro de máis para vostede. Pois todo iso é porque vostede non é a clase media e traballadora da que é apoiada neste difíciles tempos polo goberno Feijoo.

sogarisa vs toysal

Parece ser que mientras la Consellería de Medio Ambiente no vea el chapapote con sus ojos no se acaba de creer que haya aparecido hasta en Samil el que salió la semana pasada desde Redondela. Yo no estuve allí, así que no puedo saber si se acercaron por algún lado a comprobar hasta donde había llegado. Que si los barcos, las bateas, las playas. El mar está lleno de cosas que mirar y no se pueden ver todas, así que es normal que no estén para todo. Deciden preguntar al Concello por donde guardaron ellos el que encontraron, porque les gustaría tenerlo a ellos. Vamos, que la cosa está en que quieren llevarse el chapapote a Coruña, que hasta eso nos sacan desde la Xunta. Una manifestación era lo que hacía falta para poner las cosas en su sitio, ya está bien de hacerles feos a los motores de Galicia. Y que venga luego el Feijoo a bañarse a Teis para dejar claritas las cosas, que como la Molares se ponga en bikini, la cosa no va a compensar.

 En Galicia ya tenemos cierta experiencia de lo que hace el Pp cuando el chapapote sale a relucir. Más o menos lo mismo que con sus denuncias de corrupción. Mucho follón, mucho lío, pero luego lo único claro es que las denuncias las ponen los otros por injurias y cosas así.

Pero bueno, que en Vigo ya sabemos lo que nos toca. Lamentarnos, ponernos medallas y aspirar a ser coruñeses, que es lo que nos gustaría secretamente a casi todos.

arquitecto palacios

A conta desta curiosidade, decidín comprobalo contido en persoa e atopei esta foto:



Para que presuman na súa próxima viaxe a Madrid, que ademáis de ir ós cabarets e beber curtos en Santa Ana pódense facer máis cousas, home.

jueves, junio 10, 2010

outro día máis

Mentras anuncian empeoramento do tempo na radio, teño a sensación de que hoxe non vai chover. As nove dinme que en Redondela xa empezou, pero creo que as nubes van ir ó norte, onde soen estar máis cómodas. A miña rutina na cidade faise máis suave, quizás hoxe non morra de soño. Alégrame saber que as forzas todas da Xunta de Galicia non son quenes de lograr unha culpabilidade por moito tempo que lle adiquen. É a satisfactoria sensación de que o poderoso non pode rachar a realidade, por moito que saiba que eu estou equivocado.

En realidade estou desexando que Caballero perda as eleccións. Ver asociado o seu nome ás cousas máis absurdas perde glamour se o diario decano non se suma á voráxine. O bialcalde perde folgos a medida que pasa o tempo e o seu brillo de ministro escurece. Basou o seu prestixio nas relacións con Madrid, mesmo cando na Xunta tiña ós compañeiros de partido. E agora que en Madrid están de vacas fracas, Caballero agocha, sen se atrever a prantar un sinxelo farol. Onte podería terse negado a separar a baixada de soldo dos concelleiros da dos funcionarios, pero cedeu ante o Bloque, que lle volveu vender cunha absurda abstención sen se preocupar pola alianza co Pp. Se mirara para algo máis que para o ombligo, percataríanse de que o Pp rival non é rival e está máis desnortado que eles. Pero gústanlle os grandes xestos máis que a racionalidade, así que entran de cabeza no seu xogo.

Galiza precisa de algo máis que unha forte personalidade. Precisa de ideas fortes que impidan que existan concellos para os que é un trauma cobrar polos servizos que ofrecen, que existan conceptos de pais de millonarios nunha realidade mísera e que, basicamente, lle poñan zapatos ó pais onde estean.


Y a quien no le guste el vino es un animal

miércoles, junio 09, 2010

cervexas e bitácotas


Hai certa costume de se reunir os que escriben blogs, aínda que non se coñezan. A mín a quen me gustaría coñecer é a éste de aquí ou a estes outros, pero como non viven por aquí, pois non van vir a coñecer a un tipo coma min. E, por suposto, non vou ir eu ata onde vivan eles, que teñen gracia cando se lles mira polo ordenador, pero se teño que coller un tren e logo resulta que son uns mamarrachos, pois íame sentir un pouco pailán, a verdade.

O caso é que os que escriben blogs se reúnen de cando vez, e eu teño ido a algunha reunión, onde procuramos non chuparnos as pollas demasiado os uns aos outros. E iso é difícil, posto que en Vigo se fan blogs ben riquiños e se resulta que algún é un gilipollas, pois so perdiches o rato de ir ata o Moma este venres ás 19,30, e por riba pois podes beber unha cervexa gratis se tes dotes para te facer o despistado.


Hai unha páxina para se apuntar e mesmo un "evento" en feisbuk, así que se non escribes un blog, pero tes conta alí, pois te podes dar por invitado tamén. Ou se tes twitter ou tuenti ou flirck ou linkedin ou xing ou mesmo se so che apetece.


A "Beers and blogs" é un evento familiar vigués orientado para grandes e pequenos.

puntualizaciones

Que los trabajadores pueden estar tranquilos ya lo sabían ellos desde que el Pp se declaró su defensor. Lo que no sabían era a qué trabajadores se referían.

Que todo el mundo sabía que desde el 2011 los ayuntamientos no se podrían endeudar más lo sabía todo el mundo desde el follón que montó Zapatero. Bueno, todo el mundo no, en La Voz de Galicia aún no se enteraron.

Que los blogs no son más que un conjunto de resentidos con el mundo lo sabe cualquiera que escriba en un periódico. A no ser que el blog sea Vigoblog y el periodista sea éste.

Si te ves en la calle y tienes un hijo, la probabilidad de recuperarlo es inversamente proporcional a la belleza de tu hijo. A esto se le llama estar en contra del aborto.

martes, junio 08, 2010

meneo al moneo

Me disculparán la tontería de título, pero tengo el cuerpo convaleciente y no doy para más. Lo que quería decir es que hay algo de la posible realización del proyecto de Moneo para la Praza do Rei que se me escapa. En la propuesta que describía el Faro de Vigo el otro día se mencionaba que se "deprime la parte que ocupa la actual torre del Concello respecto al resto del espacio. En vez del anfiteatro romano que ideó allí Moneo, la sociedad empresarial plantea un espacio multiusos cubierto con pista de hielo en invierno"

Sin conocer ni mucho menos el proyecto tan en profundidad como los señores estos que proponen modificarlo, no encuentro del "anfiteatro romano" por ningún lado del proyecto original. Lo que si encuentro es una zona ajardinada sobre los restos de la muralla del castillo de San Sebastián. Lo que actualmente es el parque Charlie Rivel ,creo.

En caso de que se pretendiera "deprimir" esta zona, ¿hasta dónde influiría dicha "depresión" a la malograda muralla, ese montón de piedras viejas que algunos peludos se empeñan en poner por delante del progreso y del trabajo y el jamón? ¿Y esto por poner una "pista de hielo multiusos" o algo así? Además, en este espacio se contempla un mirador sobre la Ría y una grada. No sabemos si la grada estaría orientada hacia la plaza o hacia la Ría, con lo que ahorraríamos el mirador, al unir ambas utilidades en una misma infraestructura. De lo que sí estamos seguros es que este nuevo espacio propuesto estaría entre la plaza y la Ría, ocultando su vista.

patas arriba

Entre este titular

El Concello pone patas arriba diez grandes calles de la ciudad a la vez

y este otro

Las humanizaciones de trece calles de Vigo arrancarán en las próximas semanas

no hay más diferencia que el sentido común, sobre todo teniendo en cuenta que ambos proceden del mismo periódico, el mismo día y referidos a los mismos hechos.

Puesto que este blog, si algo tiene, son intenciones de colaboración con el mundo que le rodea, proponemos algunos titulares alternativos:

Caballero pone a los vigueses a 20 uñas antes de las elecciones


El alcalde de Vigo lleva el pánico a las calles


Vigo, una vez más, bajo la perfidia de las humanizaciones incontroladas
La megalomanía de Caballero pone en jaque al tráfico vigués
Por supuesto, nada que ver la presencia de estos alegres titulares con este otro

El nuevo túnel de Beiramar aligerará el tráfico de superficie en O Berbés

que también es del mismo día y del mismo periódico. Tambén proponemos otros titulares

La Xunta de Feijoo aliviará los problemas de tráfico en Vigo


Vigo avanza gracias a la Consellería de Medio Ambiente


Mientras Caballero trae obras, la Xunta aporta soluciones


Una vez más, Feijoo nos arregla lo que Caballero nos estropea

Porque digo yo que si  las calles Padre don Rúa o Condesa casa Bárcena son "grandes calles", el túnel de Beiramar lo harán con alguna obrica, aunque sea menor.

viernes, junio 04, 2010

chus lago

Penso que Chus Lago, a concelleira de Medio Ambiente vigués, é un pouco torpe. Non digo que faga mal as cousas, que non quede preciosa nos documentais de Canal+ ou que non se entere de nada. So digo que se quería crear emprego dende a súa área e que quere colocar a xente ben preparada, en lugar de mandar correos electrónicos contando os procedementos internos do Concello (que son públicos, por outra banda), ben podería publicitalos como corresponde, por medio da Concellería de Emprego, que manexa bases de datos de traballadores en búsqueda de emprego, por medio de programas de emprego, que os hai no Concello, ou mesmo podería incluir na convocatoria destas concesións administrativas un apartado de colaboración con estes mesmos programas. E deixarse de publicitar postos de traballo por medio de mensaxes persoais, que para iso xa están os traballadores de Emprego do Concello e probablemente se lles pague para iso.

E xa postos, en lugar de se queixar nos medios do que fai a Xunta, podería presentar as probas correspondentes que eviten que as excusas das empresas contaminantes sexan aceptadas pola Consellería de Medio Ambiente en canto á cantidade de fuel derramado estes días polas praiasde Teis, pero para iso debera falar co Concello de Redondela e se informar sobre a empresa, claro.

Vale que non teño nin idea de cómo funciona o Concello, pero ¿sabe Nachito Chaves facer isto?

acabou o que se daba

No caso Gondomar acabou o chollo e so queda esperar a que o xurado popular decida se o fiscal e a garda civil teñen razón, ou a teñen o abogado defensor de Alejandro Gómez e La Voz de Galicia. Por suposto, para apoiar esta última argumentación o dato de que o Pp perdeu as eleccións locais en Gondomar é imprescindible, non así o feito de que recuperase esta mesma alcaldía por medio dunha moción de censura co apoio de Move Gondomar e os tránsfugas do Psoe. Vistas así as cousas non é de extrañar que para Feijoo ser do Pp é causa de persecución na fiscalía pública. Como se siga moito esta liña de razoamento, acabará por ter razón.

E como as cousas de corrupción parece que están de moda, meto no mesmo paquete o caso das asociacións do Psoe. Ou polo menos, o intento, posto que polo de agora o único claro que hai é que o Psoe ten denunciado ó Pp por inxurias. Pola súa banda, no Pp están esperando a ter probas para denunciar a trama. Nesta maraña non é de extrañar que haia quen confunda explicacións, probas, denuncias e irregularidades. Penso que a iso se lle chama a "técnica do ventilador" ou algo así, non sei ben.

jueves, junio 03, 2010

menos mal

Menos mal que non son o único ó que non lle parece aberrante o que están a facer co pazo de Arias Taboada no Casco Vello vigués. Pensei que era un maniático ata que na Vigoblog puiden comprobar que a miña manía por conservar os elementos arquitectónicos dos bens de interese cultural non é so cousa miña, senón que mesmo a actual lexislación parece concordar. De feito o valor histórico do edificio costou 700.000 euracos a máis. Se o "valor histórico" era unicamente a súa fachada, xa é cara do carallo a fachada. E isto é o mellor que teñen para pór de cabeza de lista. Temblo so de pensar no que van facer co arquivo fotográfico do Llanos do carallo ise.

luís mosquera e alejandro gómez

É curiosa a forma de actuar da prensa local. Vale que dende La Voz de Galicia fagan xogos malabares para demostrar que o tal Alejandro Gómez non sabía nada de pedir cartos ás empresas que quixeran construir en Gondomar, a pesar das probas e declaracións da garda civil. Vale que o periódico asuma como propios os argumentos da defensa do ex concelleiro de urbanismo fronte ós feitos, pero que o Faro de Vigo de súpeto decida que vai ocultar o apelido Ramilo das noticias baixo as iniciais R.M. non o acabamos de entender, sobre todo cando na mesma información volve ás andadas. O da provincia de Pontevedra non é normal, pero non é novo tampoco. Polo pronto o outro implicado, Luís Mosquera, salta do barco xa afundido coa esperanza da piedade que poda provocar a súa aberta confesión.

o chapapote

Houbo onte un derrame de merda na Ría de Vigo, desta vez o suficentemente grande como para podelo disfrutar sen necesidades de análises demasiado complexos, máis ou menos coincidente coa preocupación do Pp local por saber porque dende a Concellería de Medio Ambiente vigués se animaba á súa base datos a solicitar emprego na empresa que se vai ocupar da vixiancia nas praias viguesas este verán. Este novo derrame non sería nin sequera interesante se non fora polas manifestacións da empresa causante do desastre, que recoñecía que ata o día seguinte nin se dera conta do que fixo. Agora tocará esperar á actuación administrativa da Xunta e dos Concellos polo dano causado. Esto tardará máis, sospeitamos, vistos os alegres antecedentes desta empresa.

miércoles, junio 02, 2010

domínguez olveira

Que o Bng anda máis perdido que a miña nai co feisbuk é un feito que poucos negan. Te din que andan liados buscando xente afín á UPG para presentar nas candidaturas das próximas eleccións municipais. Aquí en Vigo están tan perdidos que mesmo chegaron a pensar en Eudosio Álvarez, porque supoñemos que o do becerro de Xabier Alonso ninguén o dixo o en serio. Que Olveira é un saco de malos vicios o sabe todo o mundo, que actúa según se lle ocorre, hoxe propoñendo listas negras de maltratadores e comisarios políticos da corrección e orde cidadá e mañán desmontando un pazo do Casco Vello mentras o alcalde lle pasa pola banda do turismo que supostamente dirixe, é evidente. É o que teñen as resacas, que un fai amigos pero logo non lembra quenes eran.

É triste pensar que este partido quedou sen cabezas, non xa pensantes, senón sequera peiteadas para repetir nos cartaces. Vale que a cousa non é moito mellor noutros lares. Mirar para unha mesa con Ma-ma-ma-manel Gallego, Losada e Pose falando de algo que non sexa se Casillas ou Valdés dá un pouco de cousa. Bo, a fin de contas, se alí aguantaron durante anos, ben poden os nacionalistas tirar polo menos uns mesiños.

os caixóns

En vista de que anda a cousa parada pola cidade, hai que acudir á área metropolitana para buscala chicha do día. Non son amigo de confundir Vigo cos concellos veciños, non por que non me guste iso de que me confundan cun porriñés, senón porque penso que Vigo chega ata San Miguel de Oia e non ata Portugal, que eu non veño de Madrid.

Así que se vai comprobando que a cousa de Gondomar toma tintes dramáticos para o Pp, por moito que o negue. Cando hai grabacións do concellal de urbanismo onde se piden cartos ós construtores, cando o outro concellal recoñece que con eses cartos ían financiar ó Partido Popular e á escisión do Psoe, cando nese mesmo concello o grupo de Psoe acabou por apoiar ó Pp nunha aberrante moción de censura, cando a máis inocente parece ser a noiva do concellal de cultura, que non sabía nada de sobres no seu bolso, pouco se pode facer máis que voltar ó ti máis, aínda que sexa con algo tan frouxiño como o das asociacións. Nin toda La Voz de Galicia pode vestir de crible este tema, que so acabará nos tribunais pola banda do Psoe, que se deberá defender das acusacións ó estilo de Belén Esteban. Xa saben, "o suposto ladrón de subvencións foi visto cunha suposta noiva na cafetería de Vigo onde o suposto arquitecto, parente dun lembrado e finado alcalde de Vigo, asinou coa mesma letriña todas as peticións". Tanto ten do que se fale, cando a un lle pillan cos pantalóns abaixo, como no caso de Gondomar, esto so ten unha saída: se che din que fas o que non debes, remexes nos caixóns e sacas billetes de avión. Se Touriño tivera feito algo minimamente parecido outro galo lle cantaría a el e a nós, que poderiams seguir dicindo aquilo de que "éstos son peores que os de antes"

martes, junio 01, 2010

prevacacional

Pouco pasa na cidade os días previos ó verán. O bialcalde pasa os días respondendo á oposición as tontunas que se lles ocorren, e como a oposición acaba de sair do goberno, como quen di, pois ten por onde respostar. Ideas orixinais non ten moitas Caballero, porque nestes tempos xa non queda ben contar as grandes obras que se teñen gardadas no caixón. Quizá sería o momento de se deixar ver polas obras, de dar mans e de prometer bancos de sentarse e parques infantís polas esquinas, de explicar os recortes e botarlle as culpas ós demáis, de facerse a vítima cando os movementos veciñais lle berren a un e contar os postos de traballo que van lograr se lle deixan facer o Moneo.

A oposición, pola súa parte, ten máis capacidade de aguante a longo prazo, é capaz de sacar a un feixe de plataformas de eternamente afectados, de sacar pancartas, de repetir ata a extenuación o mesmo discurso do viguismo, dos malfeitores obsesionados e das "persoas normais". Esa capacidade de mobilización non a ten ningunha outra institución de Galiza, porque ese discurso breve e machacante é moi consolador. Como dicía aquel "que o faga outro".

E o Bng, pois como o Atlético de Madrid de Luís Aragonés, a velas vir, agochado no seu campo, ben ordeado atrás e á espera de ver algún oco polo que sair disparado a meter algún goliño co que equilibrar o partido. O resto do tempo, a cousa non vai con eles. Teñen a súa leira e mentras non se lle metan dentro, non teñen opinión, o que é de agradecer nestes tempos.

E así todos ata setembro.

outra recomendación

Vía Brétemas, que está en todo, atopo esta páxina.

e ti máis

Hai un tempo pillaron a un señor edil de Gondomar coas mans na masa, que no seu caso foi no maletín con cartiños dun promotor inmobiliario, que tiña que pagar un plus por poder construir en tan magnífico concello. Tambén andaban por alí a noiva do edil e mesmo un arquitecto, que facía de facilitador e que está emparentado cun ex alcalde vigués, unha grabación, a garda civil e varios elementos máis que fixeron do asunto un sainete entrañable.

Pois resulta que eses cartiños eran para financiar ó Partido Popular e a outro partido escindido do corrupto Psoe local. Tiñan medo os populares de perder a maioría que o pobo non tiña pinta de lle volver outorgar. Mesmo poderíase dicir que ata que non lograron o que querían non pararon os tíos. O caso é que un par de días despois de que pillaran a estes fulanos, Feijoo dixo aquilo de que se sentían acosados no Pp polo fiscal, que moita raiba lles tiña por ser tan majetes. Podería voltar a dicilo agora, pero prefire mandar a un señor que tivo que devolver cartos de todos os galegos irregularmente adquiridos a contar que no Psoe montan asociacións rurais para cobrar subvencións coas que contratan axentes electorais.

Non direi eu que eso está ben, por suposto, que montar asociacións para contratar xente en traballos que non lle corresponden está moi feo e non se debe facer nunca. Mesmo entendo que se o fiscal lle ten manía ó Pp, estos non lles queiran levalas probas deste desfalco tan horrible. A situación está clarísima: o Pp ten probas claras de corrupción do Psoe, pero non pode denuncialos porque os xuíces son todos uns roxeras. A qué me soa isto? Será o Pp cómplice dos corruptos do Psoe por non denuncialos? O fará por no querer xudicializar a política? Escollerán mellor no Psoe a quen contratan na súas asociacións? E, sobre todo, porqué o actual goberno da Xunta seguiu mantendo esas subvencións tan irregularmente utilizadas? Galiza é un misterio.
 
Free counter and web stats