lunes, mayo 31, 2010

recomendable

Oportuna relación de empresarios galegos na prensa do fin de semán. Basicamente, para os que non saiban qué é un "emprendedor", ou entenda que empresario é un señor que arrisca os seus cartos.

antiviguistas

Hay gente que está muy por encima de las instituciones de las que forman parte, que están por encima de las situaciones en las que viven, ya sean éstas preelectorales, electorales, o de cualquier tipo. Una de esas personas que saben siempre que ellas son la noticia, ellas son el tema, no lo que dicen ni cómo lo dicen ni porqué ni donde. Y una de ellas es Corina Porro. No es que hable de ella porque me guste (que también, a estas alturas ya no engaño a nadie) ni porque sea interesante lo que dice, que siempre dice lo mismo. Realmente esta mujer me tiene hipnotizado. Da igual que esté en el Concello, que en el Senado o en el puerto o en su casa. Para ella la realidad está siempre perfectamente definida: la odian hasta extremos de psicosis, le tienen manía, una rabia insoportable, por fastidiarla se utilizan las mayores afrentas, las peores ignominias y las más espantosas traiciones a la historia, a los ciudadanos y a la razón.

Y yo estoy de acuerdo. Ella es nuestro modelo a seguir, nuestro paradigma de ser humano. Nada le interesa como candidata, ni las disputas entre ciudadanos que quieren zonas verdes o mejores colegios, ni la patética sanidad que padecemos, ni la ausencia de financiación de las instituciones a la ciudad, o el surrealista urbanismo que sufrimos. Ella es siempre la víctima propiciatoria, la Cristal olívica que antes que después será coronada por su hermoso multimillonario, la princesa del cuento que repite por las esquinas bilíngües de Vigo.

- Espero que esto que estoy notando sea tu bolígrafo, marrano
- Joer, qué cruz

viernes, mayo 28, 2010

días de calor

Son extraños estos días, en los que el calor cede repentinamente a la lluvia, retirándose un puñado de grados sin avisar. Supongo que será la primavera. La sensación de que no compensa meterse en nada nuevo porque el verano está a la vuelta de la esquina y ya se sabe, esto sigue siendo España, por mucho que nos moleste. De junio a septiembre hay que esperar a que vuelva de vacaciones el señor que nos atendía, que es un trabajador más y no vamos a quitarle su derecho, claro. Estos días son tan raros que hasta Feijoo reconoce que con la gestión pública se ahorra hasta un 82% en lo de las ayudas a los alquileres. Así que con este ahorro, que menos que ampliar esas ayudas a quienes ganen 300.000 peseticas mensuales.

Son días en los que cuesta razonar y distinguir las cosas, ponerlas en su lugar. No sabes si guardar el bañador o el paraguas y acabas saliendo un poco con las dos cosas, con bermudas y una cazadora en el maletero. Por ejemplo, La Voz de Galicia no sabe ya con tanto lío de consultas a los papás de los niños repetidores y disléxicos, si es ilegal o no preguntarles por el idioma, si hay que esperar a que terminen la educación infantil o a que empiecen la E.S.O., si los profesores de matemáticas podrán dar clases en gallego pero con libros en castellano, si los dulces niños se liarán al comprobar horrorizados que sus rodillas tambien se pueden llamar xeonllos, porque knees sólo lo dice Dora la exploradora o si el Consello Consultivo es un nido de rojos y masones.

No nos extraña que haya quien se sorprenda por que haya quien se empeñe en que las cosas se hagan bien y que, cuando no se hacen, se pague por ello, por mucho que se pretenda arreglarlas sobre la marcha.


- Mira cómo se me ha puesto de pensar en tu prima en bolas, Nachete.
- Me cago en tus muelas, Chemica, tápate el nabo que estamos trabajando.

jueves, mayo 27, 2010

cómo funciona la tontería

Por lo general va de la mano del miedo. Por ejemplo, que en un colegio de Tui el equipo de normalización lingüística saca su boletín de febrero estando de acuerdo todos sus miembros, entre los que se encuentra el director del colegio, y lo cuelga en el tablón de anuncios (el boletín, no al director). Que en este boletín sale un chiste sobre Feijoo que ofende a un único padre, que protesta ante el director. Y este mismo director, para evitar conflictos, en lugar de explicar el trabajo y el punto de vista del equipo de normalización, defendiendo a sus compañeros, decide que lo mejor es que todos acepten el punto de vista de este único padre. Pues eso es tontería. También más cosas, pero sobre todo tontería.

volvo

Tralo paso por un pequeno problemiña coa vista volvo ó blog. E non porque as cousas cambien moito. Corina Porro segue empeñada en facer obras mal feitas, porque xa me dirán vostedes qué lle costará facelas igaul de bonitiñas pero seguindo as normativas e pasos administrativos necesarios. Xa se sabe que son un rollo, pero esta manía que teñen os estados democráticos de garantir a legalidade dos procesos non hai quen a saque. Logo está o que poida alegar, que Caballero lle ten un asco que no pode nin mirala, o que non deixa de ter algo de verdade, pero que sería como se Caballero dixera que non quere pesentar as contas do Plan E porque o Pp non pode con el.

E para que non digan que esta cidade so pode ofrecer duos do alcalde e a do porto, volve Karpin, que é algo así como un Garrido loiro. Non sabemos quen lle explicará as cousas a este home, pero antes de invertir os cartos debera de preguntar polo funcionamento das cousas. Por exemplo, que un alcalde quere tirar o primeiro edificio construído na Gran Vía en 1904 para facer un centro comercial? Pois primeiro debera levalo ó pleno, éste á comisión de urbanismo e despois incluir a idea no plan de urbanismo. E cando xa está todo, pois asina un convenio co dono do edificio. Así fanse as cousas e non primeiro se van asinando contratos privados entre alcaldes e promotores e logo xa se legalizarán.

A ver cando se aprende en Vigo que primeiro se legalizan as cousas (os centros comerciais, as estacións da ría, as fontes cibernéticas, etc) e logo se fan. Non é tan complicado de entender, se aforra un montón de tempo e esforzos, disgustos e, sobre todo, portadas tontas.


- Pues yo creo que así estamos super de moda, Abel, muy de ahora.
- Pues yo creo que con esto puesto me va a salir más chepa que a Olveira

martes, mayo 18, 2010

restaurando un ferrari

Que as blogs de Vigo sonche ben enjundiosas é algo do que nesta redacción todos somos conscientes. A grande intelectualidade olívica, algún político despistado, particulares fartos de aburrir á paisanaxe nos bares, periodistas de tecla fácil, funcionarios de mala baba, particulares paranoicos e amas de casa co síndrome de niño baleiro ou xubilados iluminados adictos ó Faro de Vigo enchen as gratuítas páxinas de Blogger ou WordPress coas súas ocurrencias máis ou menos disparatas e acertadas. (...)


Restaurando un Ferrari 355 é un deses traballos que lle fan a un arrimarse ó seu ordenador sen temor de ser asaltado por un par de tetas en jpg ou por un par de collóns en formato literario e testosterónico. Basicamente do que se trata é dun señor que merca un Ferrari feito un asco e o restaura. E xa está. (...)

Hoxe en VigoEnredados unha nova entrada sobre ese apixonante mundo das blogs viguesas.

viernes, mayo 14, 2010

o novo hospital de vigo (3)

O outro día faciamos contas do que ía costar o novo hospital vigués, pero como parece que a cousa cambiou, por facerlle honor á seriedade, faremos números de novo. Agora resulta que en lugar de vinte e tres anos serán so vinte os que pagaremos os galegos por usar o noso hospital. E en lugar de 67 millóns ó ano serán 71,67. Isto supón que o total son 1.433 millóns a pagar en vinte anos.

Ademáis, polas informacións do Faro de Vigo, que é quen máis se estende nesta noticia, este canon inclúe xa a construcción, polo que supoñemos que os 374 millóns iniciais están incluídos neste canon. Esto non o teño demasiado claro, do mesmo xeito que non entendo moi ben qué significa que "este canon será una cifra cerrada", posto que máis adiante se sinala que "el coste final se hará público cuando se adjudique porque está condicionado al IPC". Supoño que se o IPC sube un 1% ó ano durante os próximos vinte, o custe total será de 1.505,98 millóns de euros, por exemplo.

E todo isto tendo en conta que este novo hospital xa non se adicará á investigación, e que a empresa concesionaria queda cos servicios dos outros hospitais vigueses no mesmo paquete. Tranquilízanos saber que a pía conselleira, polo momento, aínda ten marxe de manobra para non nos cobrar polos servizos sanitarios.

a favor e en contra

O bo que ten algunhas cousas como o fútbol é que ensinan moitas cousas. Por exemplo, cando un equipo perde un partido todo o mundo sabe porqué foi así. Ninguén dirá que foi porque meteu máis goles que o contrario. Faránse análises sobre os sistemas de xogo, as comidas dos xogadores, o espíritu que moveu ós once jichiños, moito máis poderoso que o dos outros once, a estabilidade emocional do señor entrenador, etc. E o mesmo cando se perde. O Cascos a esto dicíalle non sei qué dun touro pasado, supoñemos que polos seus coñecementos sobre cousas con cornos.

O caso é que algo así pasou onte co Pp local, que sacou ós cabezas de cartel para contar que o partido da fusión das caixas gañouse gracias a eles e que quen perdeu foi o equipo contrario. Pola mesma poderían dicir que quenes perderon foron os traballadores do Concello, por exemplo. Eu, que sigo sen entender unha papa destas cousas, sigo a preferir as opinións de futbol, que maiormente molestan menos e se esquecen antes. Forlán segue a parecerme un chisco tronquete, Cristiano Ronaldo corre moito para me gostar e Iniesta abúrreme. Voto de menos as carreiras de Karpin, os chimpos de Santillana e a intelixencia de Stilike. Non sei, quizás o que prefira sexa ter once anos ou dazaoito, pero non estes que teño agora.

jueves, mayo 13, 2010

o presidente

No tema da fusión queda a cuestión do presidente, que no Faro de Vigo ven clara, outorgándo o título a Gayoso, e na Voz de Galicia non ven nada claro, a pesar dos indicios mandados principalmente polo Banco de España. É un pouco a percepción da existencia dende a óptica do iluminado. Onte recalcamos a iluminación constante na que vive Caballero, que ten convertido este caso en paradigma da súa maior debilidade: a súa boca. Se en lugar de populismo fronte ós 300.000 manifestantes tivese feito un pouco máis de pedagoxía, explicando a súa postura, agora podería dicir tranquilamente que "el resultado no se parece en nada al modelo diseñado en un principio. Anteriormente se pretendía [otra cosa], con una nueva ley dirigida a apartar a algunas personas, pero no ha sido la que ha guiado la fusión", e mesmo lembrar que non foi o único contrario á fusión, pero o pior inimigo do alcalde vive nos seus mesmos calzóns.

E esto pásalle a moitos. Por exemplo, mentras que para uns o decreto contra o galego da Consellería de Educación é inconstitucional, para La Voz simplemente hai indicios de ilegalidade. Debe ser cousa de escoitar tanto a voz do pobo. Que habendo tantas, ás veces un pode volverse esquizofrénico.

miércoles, mayo 12, 2010

personalismo

Que Caballero ten a boca moi grande o sabe todo o mundo. Non o pode evitar, eche cousa de estar tanto tempo en Madrid. Os hai que cando volven non poden evitar estar explicando constantemente as tendas e comercios que hai ou que había cando se atoparon un travesti en Chueca. Logo están os que volven co coche máis grande, con varios pisos comprados alí, unha casa de verán en Nigrán e un título de "galego do ano" otourgado polos hosteleiros galegos de Madrid ou algunha asociación polo estilo. Estes son os que fan patria, eloxiando o marisco e a muñeira. Caballero é do tipo que volve cunha boca moi grande, como se nunca tivera pasado agobios polos propios erros, como se todas as súas decisións foran dignas de eloxio polo seu valor e decisión férrea. Vamos, que o tío non cabe en si mesmo.

Por iso se leva tan mal co Feijoo, que é máis do tipo de pailán que vía ós seus compañeiros medrar sen esforzo, mentras el tiña que apontarse ó Psoe ou a calquera outro partido con tal de subir chanzos, que aforraba para poder mercar a mesma chaqueta que o señorito ó que lle facía as beiras e lle ría as gracias sobre o paletos que son os galegos por beber albariño. Fame non pasaba, pero tampouco lle faltou unha cadeira nas escolas de curas, lonxe das vacas femias. E pretiño dos señoritos como Caballero, que sempre lle miraron por riba do hombreiro, por sacar mellores notas cos apuntes que Feijoo lle pasaba a limpo.

o día despois

Pasada a emoción inicial desa gran alegría que se supón que é que a competencia interna do mercado financieiro galego disminuia ostensiblemente, algúns aspectos quedan por resolver. O primeiro é se baixarán da burra os de La Voz de Galicia para recoñecer que Gayoso será o presidente durante os primeiros anos, tal e como anuncian o resto dos medios. Vale que pode ser un detalle ser importancia quen ostente o voto de calidade en caso de empate no consello de administración deste nova caixa, pero os comportamentos cos protagonistas desta historieta poden carrexar consecuencias imprevistas.

Por suposto, únome ás voces atónitas que non acaban de entender moi ben de onde sae tanta ledicia. Que os cartos vaian dun lado ao outro de Galiza, é seguro que pasa actualmente, que vai pasar e que pasou ata o de agora. Que xa comenzan as voces alertando de que os interess do 7% que cobra o Banco de España polas axudas do FROB famoso, tamén. Convendría lembrar a canto cobran os intereses estas entidades ós particulares cando xustifiquen futuras medidas, por exemplo, os despidos, xubilacións e conxelacións salariais.

E, por último, temos a un Feijoo que vai rendabilizar ó máximo este éxito financieiro e fracaso persoal, un Bng rendido ás caixas ás que lle debe tantos cartos e que estaban disposto a calquera cousa que garantira a "galeguidade" dos euriños e un Psoe que debe explicarse demasiado para convencer a quen non estivera xa convencido xa de antemán.

Pola nosa conta, neste tema do que non entendemos nin  pouco nin moito, so nos queda esperar á nova imaxe e nome corportavo. Que o deseñen en Ourense, polo menos.

martes, mayo 11, 2010

o novo hospital de vigo (2)

O outro día preguntábamonos cánto ía custar o novo hospital de Vigo e hoxe temos a resposta: 23 anos pagando 67 millóns de euros= 1.541 millóns de euros, máis actualizacións anuais deses 67 millóns, máis 374 millóns de euros pola propia construcción.

Máis ou menos, así ó bruto, sobre 2.000 millóns de euros a pagar en vinte anos. Así, ó bruto, o hospital sae sobre 100 millóns de euros ó ano durante os próximos vinte anos. E aínda non sabemos porqué se unha empresa pública o construíse tardaría quince anos en rematar, mentras que, coas mesmas prestacións, unha privada so tardará menos de tres.

fin da fusión

E comenza o bo. Primeiro foi Bragado no seu Facebook (acepta a calquer impresentable como amigo) e despois unha "última hora" no informativo nacional da Ser. A fusión das caixas galegas acaba coa se social na Coruña e a operativa en Vigo. Gayoso será o presidente e Pego o director polo menos durante dous anos.

Despois da feroz campaña contra Gayoso, cómo vai reaccionar La Voz de Galicia? E, o que é mellor, cómo vai reaccionar Gayoso? Mesmo despois de frases tan desafortunadas como aquela de "nunca tan poucos fixeron tanto dano a tantos galegos" de Feijoo, saíran os coitelos? Polo pronto, unhas horas antes o pleno de Vigo, gracias Pp e Bng, negouse a apoiar esta solución definitiva.

E outra. Qué será da nova Lei de Caixas galega que Feijoo quería empezar a aplicar para xubilar a Gayoso? Esperará dous anos para aplicala?

viernes, mayo 07, 2010

o novo hospital de vigo

Sae hoxe a nova de que o futuro hospital de Vigo vai ser licitado no D.O.G. do luns. Esto non debera ser noticia, posto que onte Figueroa sabía que ía suceder, e así contouno cos mesmos datos que Feijóo na prensa de hoxe. Bo, exactamente os mesmos datos non, porque para Feijoo o hospital terá 2.000 camas e para o resto dos humáns terá 1.465, que son máis de cincocentas menos.

Claro que por non ter moi claro, non se sabe canto vai costar este novo hospital, que en xaneiro eran 412 millóns de euros e agora son 374 millóns. Tampoco se sabe cánto vai costar durante os próximos vinte anos durante os que os galegos continuaremos a pagalo. Posto que este dato non sairá no D.O.G., supoñemos que tampoco o saberá a empresa que o constrúa. Tampouco sabemos se un dos servizos que se van privatizar, ademáis do aparcamento,  mantenemento ou a lavandería, sera a contratación de persoal que, por suposto, seguirá pagando a Consellería. Polo de pronto, as necesarias oposicións que se deberan realizar para contratar a tanto persoal co que poder atender a esta multipliación de camas non están á vista nin se esperan.

a fusión e os medios

A conta desta opinión deume por ir buscar na Voz de Galicia esta noticia. E esto é o que atopei. Se vostede e quén de facelo mellor, por favor, avíseme.

o arquivo llanos

O Concello de Ribadavia aproveitou o Plan E para rehabilitar, reformar e mellorar o seu Museo Etnográfico. Ademáis, contou cunha importante axuda de 180.000 euros da Xunta de Galicia para comprar o arquivo fotgráfico de Llanos, cuia relación con esta cidade todo o mundo coñece. Os de Ourense mesmo acondicionaron zonas do museo para poder acoller as tropecentas mil e pico fotografías, restauraron a colección e, en xeral, preparaon a súa cidade para a acollida deste material. Ata agora, claro.

A Xunta de Galicia vai roubarlles este material para entregalo a Vigo, cidade que non conta a día de hoxe con instalacións para acoller o traballo de Llanos. Pero esto pouco importa a López-Chaves, que mira máis as portadas do Faro de Vigo que para á súa cidade.

jueves, mayo 06, 2010

as naves da froita

É curiosa a capacidade de coñecemento de algúns medios. Con esta mínima información saben que o proxeto constará de depencias para a Garda Civil, cousa que so aparece nas declaracións da presidenta da Autoridade Portuaria, pero nin siquera lle consta ó Consello de Administración do Porto.

o lado feminino

Efectivamente no Pp deben andar preocupados polo exceso de testosterona de Figueroa, que deciden resucitar a Ana Pastor para a vida pública. E fan ben, porque Ana Pastor é máis doce e moderada que o excesivo Chema, máis dado a bufar que a razoar.Cómo non valorar a moderación verbal da pontevedresa, á quen lle dá vergoña falar da biblioteca e mesmo é quen de atopar razóns psicolóxicas máis alá da malvade intrínseca dos rivais. Envexa é o que ten Caballero do ben que o fan os demáis. Nalgúns casos a cousa é doada de explicar. É culpa de el todo o malo que ocorra. Como unha nai comprensiva co fillo rebelde que lle fai a vida imposible ós compañeiros da clase. Supoñemos que o Pp local sacará á Pastor como quen saca á Virxe para que chova, porque o día que lle toque explicar os amaños de Louzán vaino ter máis complicado.

Ou cando lle toque explicar a previsible paralización do aparcamento de Policarpo Sanz polos restos arqueolóxicos atopados. Todo mundo sabe que a Consellería de Cultura non se caracteriza pola rapidade de actuación. Pero é que neste caso se se comparan kiwis con prazas de aparcamento a cousa vólvese complicada.Ou mesmo cando unha persoa acostumada ó pensamento racional teña que explicar a postura do Pp respecto á lingua galega, tan mal vista nos ámbitos pontevedreses de rancio abolengo.

Ana Pastor é obediente (disciplinada lle chaman en política) e intelixente, e seguro que algo se lle ocorre. Mellor ela que Mantilla para sacar a pasear.

miércoles, mayo 05, 2010

porto

Andando a fuchicar pola rede atopei esta páxina portuguesa de rehabilitación e venda de pisos. A mención de Sa Carneiro sen mediar aeroporto ningún emocionoume. E, en homenaxe a outro blog, deixo aquí esta dispersao:

Perdi-me dentro de mim
Porque eu era labirinto,
E hoje, quando me sinto,
É com saudades de mim.
 
Passei pela minha vida
Um astro doido a sonhar.
Na ânsia de ultrapassar,
Nem dei pela minha vida...
 
Para mim é sempre ontem,
Não tenho amanhã nem hoje:
O tempo que aos outros foge
Cai sobre mim feito ontem.
 
(O Domingo de Paris
Lembra-me o desaparecido
Que sentia comovido
Os Domingos de Paris:
 
Porque um domingo é família,
É bem-estar, é singeleza,
E os que olham a beleza
Não têm bem-estar nem família).

a austeridade

Austeridade é cando un decide quedar na casa en lugar de sair a cear fóra, ou cando decide aprazar a compra dun coche un par de anos ata poder ter aforrados un cartiños cos que afrontar o gasto con máis seguridade, e cousas así. Para Louzán tamén é que Corina Porro e o nefando Telmo Martín deixen de pagar a peaxe da autopista mentras que continúan os recortes en sanidade.

E o bo da política local, que ten cousas destas que lle dan alegría ó corpo. Qué sería de nós se non existiran estas personaxes que o mesmo lle dan á noite viguesa como calan ante a perspectiva de poder ir comprando a cidade a anaquiños? Cómo vai competir o paupérrimo goberno local contra a abraiante ledicia dun monton de guiris mercando andaluzas? Quizás un pouco de organización non iría mal e poderiamos pensar que a estes alegres guiris de luxo lles gostaría escoitar un concertiño nesta cidade que non estivera patrocinado pola Deputación. Ou que a Deputación subvencione un concerto de música coral ou gaitas nestes locais, non sei. Algo así pensadiño. Máis que nada para quen non dea a sensación de que facemos as cousas por joder.

a xustiza

Nin Garzón nin ostias. Neste país, cando hai problemas, non hai como ir a un xulgado. Que un decide construir un polideportivo pegadiño a un mosteiro declarado Ben de Interese Cultural porque vai dar moitos postos de traballo e non so o fai sen solicitar o prescriptivo permiso á Consellería de Cultura, senón que mesmo é informado disto pola secretaria do Concello e ignora as advertencias legais, pois non pasa nada.

E dirá vostede que cómo é posible isto. Pois porque o que fixo a Consellería foi "solicitar" información ó respecto, non "requerir" esa información. Ademáis, o día que foron mirar os da Consellería se pararon as obras do polideportivo, pois non había ninguén traballando, así que non hai probas de que o polideportivo terminara. Bo, está a proba de que o polideportivo está terminado, pero xa se sabe que en Galiza a realidade ten un peso relativo.

Por suposto, neste mesmo xulgado un pode ir á cárcere cinco anos por roubar 190 euros ou librarse de ser condenado malos tratos se non lembra a muller perfectamente cada un dos insultos recebidos ou ir á cárcere 9 meses por estafar 900 euros.

martes, mayo 04, 2010

novidades

Finalmente este país esta escangallado. Tiñan razón os que dicían que España racha polos catro costados, que as familias están asoballadas e que as persoas decentes e de bo mirar viven aterrorizadas polas hordas marxistas. O último atentado contra a libertade de expresión, o recente acto contra a capacidade de decisión individual dos Homes Ceibes e Fermosos que portan orgulosos a bandeira da dignidade e da vida humáns ten sido silenciado polos medios de información que se agochan tras burdas manipulacións que ninguén pode crer.

Dicir que a queima dun vehículo no interior dun instituto público, pagado cos cartos de todos, mesmo dos que non comparten a ideoloxía masónica e anticristián que se imparte no seu interior, non foi queimado para atemorizar ós castelán falantes que o usaban nas súas prácticas é unha mostra máis de que imos todos ó desastre. En Europa xa se deron conta e deixan a España á altura de Haiti, Grecia ou unha desas repúblicas chavistas onde os proletarios fican bébedos nos despachos oficiais.

Estamos desamparados ante tanta cacharrada, cando os supostos defensores da libertade se adican a patrocinar cantantes sen ton nen son, habendo tanto talento oculto. Pero sen sair do premeditado incendio, sen dúbida, de este acto é responsable directo o bialcalde Abel Caballero, que non ten dito unha verba contra a nefanda lei abortista de Bibiana Aído, e que lle nega o parque de bombeiros que o porto tanto reclama. As relacións aí están, so fai falla ter capacidade para velas.


Españois de verdade quedaron no camiño. Outros virán que bos os farán.

lunes, mayo 03, 2010

o empresario galego

Ás veces a un lle gusta ler estas cousas, máis que nada por certificar o que sempre sopeitou. Que o emprendedor galego, tan loado nesta cidade, non deixa de ser un ignorante no mellor dos casos e un malintencionado na maioria dos outros.

Podería Figueroa explicar qué beneficio saca Galiza de apoiar a esta xente.

a lóxica

Un bo exemplo que diciamos o outro día aquí é a recente nova de hoxe. Fronte o absurdo do Conselleiro de Medio Ambiente de lle requerrir ó Concello de Vigo a posta a disposición dos terreos para a depuradora cando non hai asinado convenio ningún nin hai visos de que vaia haber tal acordo, Abel Caballero resposta coa mesma moeda. Solicitar que pague os terreos o Conselleiro e logo el os porá á súa disposición. Un diálogo de sordos , sen interese real por solucionar ningún problema, dando voltas ó redor do mesmo.

A única dúbida que nos debe preocupar é se, en caso de que algún deles decidira pór algo da súa parte, o outro lado respostaría con idéntica boa intención? Nós preferimos non nos plantexar esta hipótese, posto que o desexo de que a resposta fose afirmativa pode quedar estragado antes de empezar.

Mentras, o outro lado da bialcaldía móvese ó ritmo dos seus socios. Non, dos políticos, non , dos outros.
 
Free counter and web stats