Anda a cousa revolta no porto, cousa que era de prever, posto que cando Corina e Caballero se atopan, saltan chispas, e non de paixón, aínda que os hai que pensamos que tambén. A cousa é que Corina quere facer unha fonte cibernética e un xardín de inverno e bares de copas e
cousas preciosísimas para que os turistas digan que como Vigo nadiña. E isto faino onde había unha nave horrible de fea, chea de bichas e po que lle chamaban "as naves da froita". Debía de haber kiwis podres alí e algún empresario esixiulle a Perly que a tirase e fixera unha preciosidade para os cruceristas. E a Perly, que so sabe defender a súa autonomía e representación estatal ante o Concello, pero non ante un señor empresario de moito lustre, pois
fixo o que lle mandaron.
O Concello, pola súa parte, que lle ten unha tirria que non pode con ela, por fodela, mandou que parara a obra coa burda excusa de que non solicitou permiso para facer tal cousa. E así está a situación.
E un, que non pode quedar parado ante tamaña desfeita, pois buscou se ten razón a Perly, que so quere o ben para a cidade, c
rear riqueza, postos de traballo e se cabrea cando
lle xogan co puchero; ou ten a razón o bialcalde Caballero, que é un demagogo e máis feo que o carallo, por moito que sonría.
E así atopei
quen opina (.rtf) que a Administración do estado debe sempre solicitar permiso municipal para realizar obras, existindo so duas excepcións: casos de urxencia ou interés público e casos de casos de grandes obras de interese xeral. No primeiro caso (
páx. 13), en caso de axustarse ó Plan de Usos do Porto, a licencia debe solicitarse, posto que é un acto de natureza regrada. Esto é, se non hai máis problemas, pois o concello debe dar a licencia sen máis. Nesto de "
actos reglados" o Figueroa é un lince e bastaba con lle preguntar. Agora ben, a urxencia debe de estar moi clariña e no parece que unha fonte cibernética sexa o máis urxente do mundo precisamente. E, en calquera caso, é necesario modificar primeiro o Plan de Usos do Porto.
A outra opción para non solicitar permiso ó concello é o interese xeral (
páx. 19). Por exemplo, para facer un recheo. O concello non ter xurisprudencia sobre a auga, que depende de Portos do Estado, polo que non necesita licencia municipal. Agora ben, unha vez feito o recheo, éste pasa a estar no territorio do Concello, como no caso da famosa nave da froita, que xa estaba feita. E necesitaríase polo menos avisar ó concello, pero non solicitar licencia para arranxar, construir ou conservala.
E chegados a este punto, un pódese preguntar ¿e a fontiña de marras é de interese xeral? No surrealista caso de que alguén pensara que sí, isto non eximiría ó Porto de Vigo de someterse ó ordenamento urbanístico do porto, expresado no Plan de Usos. E parece ser que éste non contempla o uso dese solo portuario para fontes, xardíns ou tendas, senón para meter froita dentro. Mesmo parece que neste caso o Tribunal Supremo ten dito que:
"(...) a competencia do Estado sobre portos non pode xustificar a exención de licencia municipal en aqueles casos nos que as obras de construcción ou conservación, aun realizándose na zona de servicio portuario, non afectan propiamente a construccións ou instalacións portuarias, senón a edificios ou locais destinados a equipamientos culturais ou recreativos, certámenes feriais e exposicións"
Parece ser que estes do Tribunal Supremo non entenden tendas e bares para cruceristas como "
construccións ou instalacións portuarias", senón "
equipamentos recreativos". Sobre todo tendo en conta que a mesma presidenta da Autoridade Portuaria recoñeceu en numerosas ocasións que os bares e restaurantes o serán para "
uso turístico". Claro que mesmo dixo que
non ía tirar as naves por ser "
un tipo de arquitectura muy característica del recinto portuario vigués, -e-
que aconsejaba no demolerlos, sobre todo por su valor histórico, ya que fue en esa zona donde se gestó lo que hoy es el puerto vigués".
Vamos, que parece que nun estado de dereito hai quen
segue a pensar (doc.) que por moi preciosa e importantísma que sexa unha obra, por moitos postos de traballo, cartiños quentiños baixo o brazo e flores de cores que supoña, hai que cumplila lei. Menudo rollo.