O bialcalde xógao todo a unha carta. A unha carta, ademáis, do máis pufeira. Pretender que a xente se manifeste en defensa dun banco é algo que non me acaba de entrar nos miolos, probablemente por escasez do contenedor. O outro bialcalde xa sabemos o que hai: mentras sexa galego, tanto lle ten por diante que por detrás. E galego é o que el decide que é galego.
A oposición mandará a López-Cháves a convecer á xente porta a porta de que os homes libres din "Galicia" e non "Galiza" e de que lle dean os datos dos coñecidos e parentes que traballaron no Plan E vigués. Sorprende a caballerosidade de Figueroa, que mesmo chega a afirmar que "o alcalde ten a formación suficiente para comprender" que o mellor é o que din eles.
¿Qué fará a Cámara de Comercio? ¿Mandar unha carta de condoación da cuota anual ós socios para lles animar a participar? A Asociación de Empresarios, xa o sabemos: dirá que non o ve claro, nin a fusión nin a non fusión. Unha mente preclara como a do vello Alvariño necesita o seu tempo, polo menos para consultar ós seus cans, que son os únicos seres nos que confía.
Caballero é un tipo que pasea por Vigo sen gardacostas (polo menos non son tan guapos e cantosos como os de Corina), fala coa xente e atura moitas groserías, moito peloteo e moito redactor en potencia de "Cartas ó Director" do Faro de Vigo. E ten o problema engadido de que se gusta demasiado a sí mesmo.
Ata o día da manifestación teñen os seus rivais para convencer de que a fusión é o único xeito de que CaixaNova non sexa absorbida por medio dunha Opa, ou algo así, polo demo estranxeiro. E Caballero para terminar de convencer de que os créditos non están asegurados ó comerciante se os deciden en Coruña. Pero para iso vai necesitar datos como o número de empréstitos concedidos por cada entidade, o número de axudas concedidas polas obras sociais, a presencia no porto da Lagoa de Caixa Galicia e Pescanova e o custe que ten por medio de espectáculo hípico.
E, por suposto, que a ameza da fusión das caixas madrileñas, valenciana e galega é real, perniciosa e non apoiada polo Psoe madrileño e valenciano. Nin galego, claro.
miércoles, enero 27, 2010
martes, enero 26, 2010
vigoenredados
Hai, de entre todas as blogs da cidade, unha que brilla con luz propia, ou máis ben coa luz do seu creador, Elentir, “o observador de estrelas“, tal e como nos explica o mesmo blogueiro. Tamén nos explica que se pirra polo chocolate, por Tolkien e o Kas Laranxa (...)
Hoxe búsquenme por aquí, que cun post por día teño máis que suficente.
lunes, enero 25, 2010
por opinar que non quede
Logo haberá quen queixe de que internet está cheíño de porcalladas, de listiños con blog e de persoalidades enfermizas que despotrican contra todo o que se move. Pero é que é lóxico. Non hai na rede nada que non haia fóra dela, pero aquí coa diferencia de que é gratis e que sempre haberá quen lle lea a un. E se non que llo digan á Asociación Profesional de Ingenieros, unha desas cousas ás que parece que hai que facer caso porque sí. Non din nada intelixente nin aportan nada, pero saen na prensa. Agora din que no porto nin hai peixes nin bañistas, ergo non é necesario facer estudo medioambiental se un quere enchela de pedra, de ferro ou de calquera outra cousa. Sabios é o que son, sentido común e deixarse de milongas é o que necesita Vigo, sí señor.
Claro que é mellor esta necedade que dicir que o señor xuíz é un monicreque ás ordes do Psoe ou que Caballero se alegra da paralización do recheo precisamente porque non dixo nada. Outros razoamentos do tipo de que noutros sitios se fan cousas peores, ou que, aínda que sexa unha obra nova, é máis pequeniña que a anterior, tampouco valen cando hai unha normativa aprobada no tempo que transcorreu entre unha e outra.
Quizás non estean acostumados a ser tratados como cidadáns normais, pero cando un defende un punto de vista ante un xuíz, ha de ter coidado co que se di, non vaia ser que meta máis a pata. E sempre podería ser que no Ministerio pensen que a obra que se puxo a facer Corina sen se encomendar nin a deus nin ó demo, sexa a mesma que a do 2002 e non esta nova. Total, os papeis son todos iguais, e xa se sabe que a Perly non distingue moito entre eles.
viernes, enero 22, 2010
porro y la jueza
Cuando uno se dirige al juzgado, lo hace porque cree que ha sido dañado de alguna manera. Es decir, el tipo de daño es el que estima el demandante. Por ejemplo, si alguien realiza una obra que considero me perjudica, puedo alegar que daña mi honor, o el valor de mi propiedad, o el bienestar de mi familia. O si alguien me roba, puedo denunciar un robo o un hurto, dependiendo de las características legales del acto. Después será el juez quien decida si las pruebas que aporto son merecedoras de tenerse en cuenta. Y aquella persona a quien denuncio, evidentemente, estará en contra de mi opinión, por lo general.
Esta cosa tan sencilla de entender, que es la base del buen funcionamiento jurídico (lo ilógico sería que fuese el demandado el que definiera el hecho) no lo entiende la buenorra de Perly, que ayer debió de gastar todas sus Tena Lady. Aún más, por lo general el fiscal (el señor puesto por el Estado para garantizar que los derechos de los denunciantes son respetados) y el juez deben de trabajar mano a mano, buscando pruebas en ambos sentidos.
Es más, si la obra del ejemplo que puse anteriormente preveía levantar quince alturas frente a mi ventana ha sido ya declarada perfectamente legal, se puede realizar sin problemas. Pero si cambia el plan de urbanismo y los requerimientos técnicos de la construcción, para empezar cualquier otra obra frente a mi ventana, hay que ajustarse a esas nuevas leyes, aunque ahora sólo se quieran levantar cinco alturas. Porque no importa el tamaño de la obra. Importa el daño que por medio de las pruebas he demostrado que se van a causar, y el constructor deberá demostrar que mi demanda de que no se construya frente a mi ventana no está justificada, porque se ajusta a la legalidad.
Y el daño económico al constructor o a los compradores de los pisos no viene al caso. El dinero que pierdan es su problema, no problema de la justicia ni de la sociedad. Si, una vez pasado el asunto, se les ha realizado un daño injustificable (económico), éstos tienen todo el derecho del mundo a reclamar que se les haga justicia a su vez.
Viene todo esto al caso porque la presidenta del Puerto de Vigo se ha hartado de decir que el relleno que empezó a realizar es distinto del que ya estaba aprobado (menor, con características técnicas diferentes, etc.). Así que ahora deberá ajustarse a la ley actual, no a la que permitió la obra anterior. En lugar de cargar contra la jueza, debiera de agradecerle que paralice una obra que, en caso de terminarse, podría ser declarada ilegal, provocando unos gastos a la ciudad incalculables. Gastos con los que no correrían todos los empresarios que se lamentan por los cuartiños que dejan de ingresar, sino los ciudadanos que se defienden de su voracidad.
Debiera la Porro recordar cuando empezó en esto del puerto y aseguraba que sus decisiones serían "respetuosas con el medio ambiente". Claro que también debiera recordar cuando puso a todo el Pp que depende de ella al servicio de las tesis de Galicia Bilíngüe, e incluso sus cargos políticos personales.
jueves, enero 21, 2010
os zancos
Parece ser que o tema aquel do concelleiro coruñés a quen lle deu un ataque de risa explicando que os bombeiros coruñeses están moi ben dotados dá para moito. Como que o escacharrante redactor da Voz de Galicia comenza así a noticia: "Los bomberos de Vigo son los mejor dotados de Europa Occidental, pero su principal instrumento no está exento de un gatillazo".
¿Entendes? Que os bombeiros a teñen moi grande, pero que á hora de triunfar, poden quedar escacharrados como o que máis, que moita mecha e pouca dinamita, que dime de qué presumes e direite de qué careces. Que non me estraña que o Coello, que acostuma a ir moi "alegre" ás sesións plenarias do Concello de Vigo, diga que somos o "hazmerreir".
Que vale que o camión se estropea moito. Pero é que leva un programa informático e os nosos bombeiros, aguerridos son un rato longo, pero a informática, como os saques do gugle (cachondas.com), non é o seu tema. E xa postos, e seguindo coa liña, poderiamos dicir que o problema está en que as cousiñas viguesas te son moi estretitas, e que así non hai maneira de usalo cacharro, que sopla moito o vento e por riba chove cando menos o esperas, e que con tamaña ferramenta, a cousa bambolea e non hai xeito de axustala. E, por riba, hai que poñela máquina en posturas moi esixentes e que así non hai quen amañe unha boa faena. Vamos, que en Vigo nos amañamos ben cunha cousa pequena pero xuguetona, mellor que grande e zoupona.
miércoles, enero 20, 2010
martes, enero 19, 2010
figueroa
Non sabía ben de qué escribir hoxe, a verdade. Menos mal que sempre pode un tirar de Figueroa nestes casos. O tío non para. Sempre lle da pe a un para comentar algo chusqueiro. Que si chuleta, que si malote, que si groseiro, machista, lingoreteiro, o que se queira vale para falar de el, que o tío curra o seu papel de gardán das esencias que dá gusto. Que a Santiago el non irá a sacarse unha foto coa Gloria Lago, pero se hai que dicir unha barbaridade, hai está como o primeiro.
A última foi dicir que Ángel Rivas, o concelleiro socialista, beneficiouse de vender formigón para construir a obra de Finca do Conde. Foudeunos o fulano. Pois claro que se beneficiou. Pero non vendeu o formigón para a obra? E antes de ser concelleiro. Pois iso é un beneficio. O que debera aclarar Figueroa é se segue a pensar que a licencia que concedeu el para facer esa mesma obra é correcta ou non. Porque así de primeiras xa houbo un xuiz que dixo que non e que hai que tirar o que el dixo que se podía facer, a pesar de existir xa sentencias que se emperraron en lle avisar.
Que logo o Ángel Rivas beneficiouse vendéndolle o formigón nun negocio lícito a un particular para facer unha obra que non se podía facer a pesar de que Figueroa dicía que sí? Pois igual que o señor fontaneiro que puxo os retretes, o señor carpinteiro que fixo as portas e o electricista que montou as lámparas. Todos eles beneficiáronse da obra ilegal que aprobou Figueroa. Obra ilegal que supoño deberán pagar agora os que puxeron o formigón, as portas, os retretes e as lámaparas, e non o político (Figueroa) que a aprobou, a pesar de ter sentencias que lle avisaban de que o estaba a facer mal.
Por que a Perly xa sabemos que estaba nada máis que para as inauguracións, para as foticos e para falar de novas "centralidades". Iso sí, para Figueroa quen tira a pedra e esconde a man son "os senadores, diputados y concejales y el secretario general del PSOE quienes emplean permanentemente la difamación y demuestran una vez más su cobardía" e de paso lle dá o Bloque, á crise económica e da construcción e mesmo ó dereito de todo cidadán de poder acudir ós tribunais cando considera o seu honor dañado.
lunes, enero 18, 2010
o vigo futuro
No 2012 apagaremos a luz. Xa teremos TDT, AVE, Auditorio, Autopista do Mar, Cidade da Xustiza, Pinacoteca, Casco Vello rehabilitado, Caballero deixará de rir nas fotos e Corina deixará na casa as Tena Lady. Olveira seguirá facendo o que lle manden, claro, pero pouco vai pintar para entón a non ser que repita moitas veces "ilusionante" e faga un tranvía pola Gran Vía ata Samil.
Pola Gran Vía tamén seguirán baixando os autobuses interurbanos, os "Alsas" de toda a vida, eses que te paran en Bouzas ou no Calvario, aínda que estea prohibido. En lugar de facer unha estación de tren e autobús conectada pola autopista, xa que están aladico xusto da entrada da AP9, sen ter a que aturar este tráfico pola cidade, facéndoos desviarse polo cinturón que tan majo quedou no seu momento, os meteremos pola Avenida de Madrid. Iso sí, faremos un carril bus. Logo xa do custe dos aparcamentos disuasorios ou da mellora das liñas do "Vitrasa", pois o mesmo, máis carril bus.
o vigo pasado
Unha cidade abastécese de proxectos. Hai que pensar sempre en qué imos facer, qué queremos, cómo o acadaremos, etc. Estes días aparece que á oposición non lle gusta o Casco Vello para albergar o arquivo fotográfico de Pacheco. Este arquivo foi premeditamente esquecido polas Autoridades locais, debido ó alto custe que supón dixitalizar preto de 200.000 placas, o mal estado de moitas delas, o nulo ou escaso interese dalgunhas delas, a clasificación das mesmas, etc.
No verán pasado saiu unha desas novas que un non acaba de entender moi ben. Mentras se dicía no titular que ía ser aberto ó público este arquivo nun mes, no interior da noticia afirmábase que tardaría un ano. Un non sabe se estas cousas son por torpeza do redactor ou por intencionada confusión creada polo responsable político. O caso é que no mes de outubro pasado finalmente decidiuse que sería na rúa Chao, previo pago de 1.000.000 de euracos, que se rehabilitarían dous inmobles para colocar alí a colección fotográfica. Nin queremos pensar que se dea outro caso "Pinacoteca" nesta ocasión. Mesmo podería darse o caso de que alguén quixera que para este fin se usaran a vivenda da familia do fotógrafo situada no Barrio do Cura (moi preto da rúa Chao) ou mesmo o seu estudo que empodrece na rúa Príncipe para vergoña pública.
Non, o sitio non lle gusta á oposición porque o Casco Vello de Vigo non é bonito, non merece que as foticos que tirou o Pacheco á avoa de López-Cháves se expoñan nunha rúa tan requetefea. Se levantara a cabeza e vira onde a puxeron, a vella volvía a morrer do disgusto. Por outra parte, gustaríame pensar que o millón de euracos ben darían para facer un "arranxo integral" da rúa, que sí, esta feita un asquiño, para qué nos imos enganar. Que a cousa non consistirá unicamente en deixar preciosos os edificios en cuestión (900 metros cadrados) e esquecer o sitio onde están postos os edificios mesmos.
Tampoco estamos moi seguros de se a idea de converter o casco Vello nun barrio administrativo é boa. O que sí sabemos é que convertelo nun barrio de museus sí é boa. Se logramos que os turistas ingleses de Corina vaian ó Casco Vello, igual que van ó de Porto ou ó de Lisboa, ó mellor atopan algún motivo para volver. E mesmo pode que a seguridade e a limpeza do barrio mellore. Xa que as vivendas parece ser que son difíciles de colocar mentras un non poida meter o coche ata a porta ou que a Molares se decida a facer algo con elas.
viernes, enero 15, 2010
o que din os outros
Finca do Conde foi urbanizada con dúas torres e un centro comercial, no seu momento, "o máis grande Galicia". A construcción e inauguración do centro comercial estivo acompañada de polémica pola legalidade das licencias, que foron recurridas ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Unha das empresas participantes na construcción do centro comercial foi ING, que patrocinou a saída da Volvo Ocean Race dende Vigo o ano anterior, sendo alcaldesa Corina Porro e concelleiro de urbanismo Chema Figueroa.

O Tribunal de Xustiza galego declarou ilegal a concesión da licencia do centro comercial e a principios do 2009 e a empresa ING solicitou ó Concello, agora dirixido por Abel Caballero, unha nova licencia de obra e actividade amparándose no novo plan xeral de urbanismo.
O caso é que agora o actual goberno tenta arranxar esta desfeita polo estraño procedemento de conceder unha licencia de obra a algo xa terminado e en funcionamento e que ademáis non se corresponde co plan de urbaniso baixo o que foi aprobado (o anterior e non o actual, no que sí que tería cabida). Particularmente non creo que un xuíz poida aceptalo, posto que suporía que o facedor de leis (a Administración) podería facer o que lle pete simplemente cambiando a lei ó seu gusto a posteriori. Polo menos que disimulen e cambien a lei antes de facelo mal.
Onte este tema volveu a sair na xerencia de urbanismo, que a falta de traballo saca estes temas. E a polémica saltou entre o actual concelleiro de urbanismo e o anterior. E vostede dirá, ¿a mín qué coño me importa todo esto? Pois basicamente para coñecer de qué pe coxea cada un:
El PSOE acusa a Porro y a Figueroa de recibir «algo de peso» por Finca do CondeLa Voz de Galicia
El PP insinúa que un concejal socialista está beneficiandose personalmente de las obras del Plan EVigo al Minuto
Todos piden dimisiones por la última sentencia sobre Finca do CondeAtlántico Diario
El Puerto prepara la obra de la fuente cibernética y el Concello le advierte de que la va a precintarFaro de Vigo
La Escola Superior de Arte Dramática de Galicia abre hoy en su sede definitiva de Navia, en Vigo
E isto é o que pasa na cidade.

A paz, o amor e os globos de coloríns xa non enchen a nosa vida cotiá. Corina, volve, por favor.
jueves, enero 14, 2010
vivenda protexida
Cando Feijoo era Conselleiro de Polítia Territorial, a Xunta de Galicia expropiou solo privado coa idea de construir vivendas de precio protexido, esto é, vivendas cun precio tasado que non pode ser superado. Para construir estas vivendas se apoia en empresas privadas, neste caso nunha participada polo compañiero de partido de Feijoo, un tal Telmo Martín, coñecido polas falcatruadas que fai, entre outros, ás monxas clarisas.
Para acceder a estas vivendas hai que esperar a que a un lle chamen destas promtoras, que son quenes logo van á Xunta de Galicia cunha lista de compradores. Esto é, se non che gusta a oferta, non te inclúen na lista de compradores. No caso da empresa do señor d Partido Popular, un xuiz ven de dicir que o feito de que unha persoa trague coa subida de precio que lle metou polo morro este señor non está mal, porque sempre puideron dicir que non. Esto é, non son heroes, son persoas que se podían permitir mercar un piso cun precio ilegal. E esto fainos coresponsables da desfeita, ou, o que é o mesmo, fai que o promotor do Partido Popular non sexa culpable de pedir cartos a máis. Tanta culpa ten quen os pide como quen os dá, di o xuiz.
Este sistema baseado na selección de compradores cambiou cando en Galicia cambiou o goberno, que decidiu que sería a mesma Consellería de Solo quen buscaría ós compradores. Esto fai o sistema evidentemente máis xusto, pero tamén máis lento. Un pode apuntarse nunha lista un ano e ó ano seguinte subirlle o soldo ou a casarse e doblar os ingresos familiares, ou mudarse de cidade, ou ocorrer calquera outra ciscunstancia que lle impida acceder ó piso que no seu momento solicitou.
Se antes do cambio era imposible o control da Administración dos sobreprecios, o sistema proposto recentemente polo goberno de Feijoo consiste en que sexa o banco quen decida quen pode acceder a unha vivenda, esto é, a quen lle concede un préstamo e a quen non. Requisito imprescindible para acceder á vivenda, alégase. Os cidadáns que quieran unha vivenda de precio protexido terán que se informar ben por medio do banco, ben por medio do promotor ben por medio do D.O.G. ou do tablón de anuncios do seu concello.
Para acceder a estas vivendas hai que esperar a que a un lle chamen destas promtoras, que son quenes logo van á Xunta de Galicia cunha lista de compradores. Esto é, se non che gusta a oferta, non te inclúen na lista de compradores. No caso da empresa do señor d Partido Popular, un xuiz ven de dicir que o feito de que unha persoa trague coa subida de precio que lle metou polo morro este señor non está mal, porque sempre puideron dicir que non. Esto é, non son heroes, son persoas que se podían permitir mercar un piso cun precio ilegal. E esto fainos coresponsables da desfeita, ou, o que é o mesmo, fai que o promotor do Partido Popular non sexa culpable de pedir cartos a máis. Tanta culpa ten quen os pide como quen os dá, di o xuiz.
Este sistema baseado na selección de compradores cambiou cando en Galicia cambiou o goberno, que decidiu que sería a mesma Consellería de Solo quen buscaría ós compradores. Esto fai o sistema evidentemente máis xusto, pero tamén máis lento. Un pode apuntarse nunha lista un ano e ó ano seguinte subirlle o soldo ou a casarse e doblar os ingresos familiares, ou mudarse de cidade, ou ocorrer calquera outra ciscunstancia que lle impida acceder ó piso que no seu momento solicitou.
Se antes do cambio era imposible o control da Administración dos sobreprecios, o sistema proposto recentemente polo goberno de Feijoo consiste en que sexa o banco quen decida quen pode acceder a unha vivenda, esto é, a quen lle concede un préstamo e a quen non. Requisito imprescindible para acceder á vivenda, alégase. Os cidadáns que quieran unha vivenda de precio protexido terán que se informar ben por medio do banco, ben por medio do promotor ben por medio do D.O.G. ou do tablón de anuncios do seu concello.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
