A Real Academia da Lingua Española, visto que non son quenes de aturar tanta barafunda de palabras por todas partes en España, ditas en voz baixa, a berros, amodo, correndo, no internet, na prensa escrita, na radio, no Gran Irmán, fíxose un lío, non deron feito e pensaron que son quenes de opinar respecto de quén pode ou non gobernar en España, cómo denominar ás cidades e lugares do Estado e mesmo que o galego é unha división consentida do castelán e polo tanto a Academia da Lingua Española pode decidir cómo imos chamar ós lugares galegos.
Eu non entendo moito de palabras, así en plan técnico, digo, con tantas combinacións posibles coas letras todas, calquera se mete niso. O caso é que por especialistas a cousa nunca queda corta. Baste dicir que un dos ilustres académicos xa non é a primeira vez que abronca ós representantes políticos ou que opina sobre a lexislación emanada do parlamento español. E non serei eu quen diga que non poden meterse onde teñan a ben, iso sí, logo cando todos opinemos sobre calquera cousa, pois non será cousa de laiarse.
martes, octubre 19, 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada