Pasou amodiño, pero pasou. Deixounos malas novas para Corina Porro, como a nova demanda por encher un espacio da Rede Natura de paos da luz e que lle pode custar 1.000 euros mensuais ás arcas públicas que con tanto afán aforra a formiguiña ferrolá. Tampoco parece que sexa tan doado facer unhas obriñas no porto. Polo que se ve a diferencia entre "o gasto improductivo de Caballero" e as chapuzas do porto residen unicamente en que as segundas fainas unha boa persoa, preocupada coas cousas de comer dos vigueses, probes cachorros unicamente protexidos polo manto social da loira. Choraba cando lembraba os momentos emocionantes da súa vida pública na última entrevista feita en Radio Vigo e nós tememos que a cousa vaia a maiores. A señora Porro ten pasado momentos moi duros que lle ten deixado cicatrices difíciles de superar.
Pero non todo vai ser malo. Solucionouse a cousa do mercadillo, aínda que non nos quedou moi claro se había este domingo no novo emprazamento 126 postos ou so 30, como afirma La Voz de Galicia. Mentras o Fallo de Vigo prefire sacar ós negros na foto da noticia, La Voz de Galicia prefire sacar ós xitanos. O digo so por se hai algún intérprete na sala de mensaxes ocultas, mentres o mercadillo vai camino de desaparecer definitivamente por culpa desas manías consistentes en arranxar os aparcamentos. Por certo, manía cuia principal característica consiste en empezar arrincando as árbores. Outros preciosos pondrán no seu lugar, seguro.
Pero este numérico non foi o único dato que non nos pode quedar claro. Hai outro máis inquietante referente á homenaxe feita no Castro ós fusilados por defender a democracia no 1936 e é que, polo visto "la Policía Nacional requirió la identificación del presidente de la asociación" (Viguesa pola Memoria Histórica do 36). Este dato non saiu nin na Voz nin no País, que recollen o acto. Non así o Atlántico Diario, que prefire no seu lugar lembrar que foi beatificada a fundadora das Jesuitinas. Suponemos que a ausencia de Caballero a este acto (a homenaxe ós fusilados, non a beatificación) non respostaría a unha necesidade de non molestar ó millar escaso de lectores do Atlántico, porque non pensará que algún deles vaille agradecer o xesto. Baste con observar en referencia á beatificación da primeira Jesutina, que tamén é o Atlántico Diario o único que non menciona a pulla do alcalde na última inauguración á señora Porro por subvencionar con cartos públicos o musical que lle montaron con ocasión da santificación.
E disculparán vostede que non mencionen máis a menudo ó Atlántico, pero, como verán, é agotador explicar todo o que non aparece nas súas páxinas. A realidade virtual, para disfrutala e que non nos devore, hai que comparala coa outra.
lunes, octubre 18, 2010
pasou a fin de semana
Etiquetas:
caballero,
memoria histórica,
porro,
puerto,
religión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentarios:
No veas ninguna mano negra en la foto del mercadillo, es que son muy grandes y se les ve más.
Publicar un comentario en la entrada