viernes, octubre 08, 2010

la xunta de feijoo (2)

Precisamente onte falabamos de que hai quen prefire comprar as cousas caras. Gastar pasta dá seguridade, non o neguemos. A quén non lle gusta queimar unha tarxeta? O que non nos gusta é pagar despois, pero sacalos cartos, asinar o recibo con seguridade, iso gusta a casi todos. A min hai unha cousa que me encanta facer e que casi nunca podo, que é mercar algo sen miralo prezo, sen preguntalo e sen me preocupar. Xa saben, miras unha camiseta cun debuxo chuliño e pensas que vas marchar con ela. E cando te das conta de que non estás no Alcampo senón no Corte Inglés, pois tes que miralo prezo e pensas "por esta pasta un debuxiño graciosiño pois non paga a pena". Pois Feijoo é un pouco dos que lle dá o mesmo estar no Corte Inglés que no Alcampo. E conste que eu tampoco o imaxino no Alcampo nin de campaña, pero é por seguir co exemplo. O tío se ten que gastar, pois gasta.

Porque planificar, o que se di planificar, tampoco é o seu. Cando era conselleiro de Política Territorial puxo en marcha o polígono de Navia para que foran alí ata 5.000 familias, supoño que sabería que con fillos pequenos, posto que para iso tamén lles deu máis facilidades para comprar eses pisos. O que non entendo é que se hai dez anos xa sabía que a poboación ía pasar de 2.000 veciños a 15.000 (e a práctica totalidade con fillos en idade escolar) porque coño non fixo algo para ir preparando o asunto. ¿Ou xa sospeitaba que ía estar Caballero na alcaldía?
 
Free counter and web stats