viernes, octubre 08, 2010

la inauguración del piano

Por acabar co tema, que xa vai tocando outro, rematan os derradeiros coletazos. A Voz de Galicia xa non sabe como presentala inauguración de custe 600 euros sen contar que na última na que Feijoo participou en Vigo costou 10.000 so no esceario ou que Corina Porro non usa nin piano nin violín, que o dela é a orquesta completa para inaugurala Praza de Protugal. Por moito que enlace e que busque non acabo de atopar nas páxinas de A Voz de Galicia referencia ningunha ás palabras de Font lembrando estes casos. Eso sí, a delirante ameaza de Molares de multar ó Concello de Vigo por non presentar ata tres informes distintos de estudos arqueolóxicos para facer unha única glorieta sae a coloríns. Como seguro que sairá a coloríns unha aclaracións do inefable López Chaves respecto ó inexistente apoio da Xunta de Galicia ó vigués festival Are More. Suponemos que non terá nada que ver co abandono anterior de Caixa Galicia a este festival. Poucas cousas hai seguras en Vigo, pero que López-Chaves sabe o que os vigueses nos perdemos por non ser tan listos como el, é unha das poucas que nos dan estabilidade.
 
Free counter and web stats