Pois sí, pasou a folga e este blog volve á normalidade. Supoño que debera facer unha análise de cómo foi a cousa nos medios locais, que para iso entran moitos de vostedes aquí, pero me dá unha preguiza so me pór á cousa que dubido moito que saquen nada novo do meu intento.
Por unha banda o más novedoso podería ser que os piquetes fecharon o Fallo de Vigo, ocasionando unha grande perda de libertade a todos os xubilados vigueses, que a partires do momento de non poder atopalo no seu quiosco, comenzaron a dar voltas pola cidade, como polos descabezados. A parte desto, o habitual. Identificación de gamberro con piquete e de piquete con folguista. E con isto temos a reportaxe feita. Xa so queda enviar a un fotógrafo a inmortalizalo para a hemeroteca web.
Quen máis completamente informa é o País na súa edición galega. Polo menos conta anécdotas divertidas. Como anécdota divertida persoal quedo coa de José Luís Gómez contando como prensa progresista ó Fallo de Vigo, co flickr de Cheluna e coa reflexión de Andión, que nunca pon a cabeza en folga.
Mañá será outro día, coas ocurrencias de vigueses ilustres para nos facer a vida máis cómoda. Non desintonicen os seus canais.
jueves, septiembre 30, 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada