viernes, abril 30, 2010

dende Teis a Pontevedra

Cando gobernaba Pérez Castrillo propúxose ó Ministro de Fomento, Cascos, a cesión da parte da autopista que entra no casco urbán, idea que non era mala, posto que permitiría volver a unir Teis, barrio dividido pola estrutura viaria, ademáis de peonalizar Sanjurjo Badía. Agora que o AVE, polo visto, vai entrar baixo terra, as súas vías tampouco dividirían este barrio. Un, que non entende moito destas cousas, pensa que quizás simplemente tendo plantexado a estación do tren noutro lugar, se terían aforrado un montón de esforzos, ademáis de permitir descentralizar un centro de Vigo que agoanta demasiadas estruturas. Pero dicirlles ós vigueses que o tren non vai parar na porta da casa é un precio político que poucos están dispostos a aguantar. Do mesmo xeito, ter unha entrada da autopista que non nos deixe no centro da cidade tampouco semella ser unha idea que teña boa acollida. Arranxar os barrios periféricos da cidade para facer unha entrada digna será peor que traer a entrada á cidade á parte que supostamente é máis digna e elegante para ensinar ós visitantes.

O caso é que mentras o porto siga no seu sitio (e o Ministerio non ten pensado cambialo polo momento, por fastidiar a Corina, supoñemos), os seus transportes necesitarán unha saída que non entorpezca o tráfico. A raquítica saída no nudo de Arenal no que termina o túnel de Beiramar pasaría a desembocar neste tramo que agora se pretende urbán. A creación dun túnel por Guixar ata Chapela penso que é algo demasiado alonxado no tempo e que seguramente dependería dunha actuación urbanística nos terrenos da ETEA que acabarían coa idea da realización dun campus de investigación, sobre tendo en conta o pouco "filin" entre Concello, Xunta e Zona Franca.

O caso é que ademáis destes proxetos xurde a idea de cambiar a peaxe de Rande por unha nova peaxe nunha autovía que una Pontevedra e Vigo, co que teríamos unha vía dende o centro de Vigo ata Pontevedra cunha soa peaxe, que é exactamente o que temos actualmente. A idea de cambiar a peaxe na sombra de Rande por outra máis luminosa nunha futura autovía correspóndese moi ben co trato que lle dá a Xunta a Vigo. O seu pulo económico é beneficioso para toda Galicia, según recoñecen todos, pero cando se trata de botar unha man para manter ese pulo, entón é insolidario que unha señora de Lugo pague "na sombra" esta peaxe.

En calquera caso, que conste que falo dende a ignorancia. O falar non ten cancelas, e con esto das tecnoloxís menos aínda.
 
Free counter and web stats