Porque, qué motivo pode haber para querer alongar este tempo da concesión? E xusto agora cando falta tan pouco tempo para que acabe. Nada máis que cinco anos. Un pouco máis que para as eleccións, que falta tan pouco para que cheguen. Para este home todo é inminente. Pouco para que remate a concesión dos servicios que presta Aqualia á cidade. Menos aínda para que remate o mandato municipal. Bo, para o mandato aínda queda máis dun ano, pero para el xa empezou a campaña, polo que se ve. Cousa que non nos parece mal, posto que neste blog declaramos aberta a campaña coa elección de Corina como presidenta viguesa do Pp.
Todo encaixa para Figueroa. Pouco tempo para que poida reaccionar, el que tanto lle custa darse conta das cousas. O único que non entendemos é iso que di de que "es sospechoso que ahora que acaba el mandato el alcalde se descuelgue con una ampliación de contrato a cambio de recibir no se sabe qué". Pero, non quedamos que era a cambio de pagalas expropiacións da depuradora? Ou quizás o que lle preocupa é que deste xeito quedaría blindado o contrato con Aqualia? Porque polo visto o interese da Xunta esatá en poder xestionar precisamente esta concesión. E senón, non pagan o IVE.
Ace Figueroa, detective de animais, ó servicio da cidadanía.


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada