O problema ven cando á señora presidenta do porto se lle ocorre que pór unha fonte cibernética no porto de acollida sería unha magnífica idea. Eso xa non é arranxar nada. É directamente construir unha obra nova e tirar o que había antes, para o que se necesitan máis permisos e novos procedementos administrativos que a Porro está claro que lle superan.
Logo está o porto da froita, o que está detrás do edificio administrativo da Xunta. Alí pensa, ademáis de arranxar as naves existentes, montar bares e tendas, supostamente para uso exclusivo dos visitantes que veñen nos transatlánticos. Que eses locais ían estar abertos a todo o mundo é algo que nin a mesma Porro pretende ocultar, aínda que legalmente non podería facerse así. O uso debe ser portuario (so para turistas) e non destinado á cidadanía viguesa en xeral. Supoñemos que se podería cambiar a utilidade definida desta parcela de solo, pero para iso, supoñemos, debera cedelo á cidade ou, polo menos, pedirlle permiso. Isto é, o porto non pode nin debe xestionar un centro comercial para a cidade. O porto non está para iso, para iso xa existe un concello, que ten a obriga de xestionar estas utilidades. Pero Porro non lle vai regalar un pedazo de porto ó concello, aínda que pretenda facer un pequeno concello con xardín de inverno precioso de la muerte.
A confusión á que xogan Porro e o Faro de Vigo, non diferenciando, non xa os usos (unha parte, a da fonte, para recebemento de turistas e a outra, a dos bares, para usos industriais), senón os lugares concretos onde pretende facer esas obras, dando a impresión de que o concello paraliza toda obra portuaria, non é inocente. Se Porro quere arranxar o chan, pór flores de cores e esas cousas, ninguén pódeseo negar. Pero respetando a lei, as normativas que están na súa man cambiar e, por suposto, convencendo e dialogando con quen corresponda. E, se o concello nin quere oír falar de fontes e bares, pois sempre terá alternativas, como a cesión de solo ou, polo menos, cesión de méritos. Pero compartir unha inauguración con Caballero non está nin de lonxe nos seus plans.
De feito é curioso que pretenda facer un "Abrir Vigo al Mar" detrás do actual proxecto urbanístico que leva este nome e que ela mesma contribuiu a cargarse, coa construcción dos edificios que ocultan os novos proxectos emblemáticos : a fonte cibernética tras o centro comercial de A Laxe, e os bares detrás do edificio da Xunta. E meter ós turistas polo porto deportivo, polo Naútico, por Montero Ríos, etc. E que miren á estatua bilíngüe de Xulio Verne sentado sobre os bermes (perdón polo chiste, non o puiden evitar).
Quizás se todos se puxeran dacordo e gastaran os cartos en tirar o centro comercial e o edificio da Xunta non sería necesario construir sobre o xa construído. Quede como conclusión que cando un sube ó mirador que hai sobre o edificio da estación da Ría, observando cómo sobran a Casa Pepe, a piscina do Naútico e os dous mamotretos que asfixian o proxecto, saberá que detrás de todo iso está, efectivamente, o mar.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada