viernes, marzo 12, 2010

probe elena

Malos tempos para Elena González, a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais. Por moito que agora, con dez meses de retraso, lamente a política lingüística da Xunta de Galicia e que se empeñe en facer ver que non lle gusta que se pechen os centros sanitarios de Cíes, Rebullón, a Doblada e Coia, xa non é crible. Ninguén cre que agora teña caído do cabalo, cando non ten opinión respecto ós recheos que Corina Porro pretende facer no Areal, nin respecto ó centro comercial no porto, cando cala mentras a Universidade de Vigo suplícalle a Feijoo que cre un centro de investigación na ETEA, cando a depuradora segue sen arrancar co gallo dun absurdo desencontro político, cando roban o carril bici ata Nigrán sen informar sequera ós concelos implicados, pero enchendo de carteis a carreteira (máis de un por quilómetro), cando non denuncia o expolio de Alfageme, nin a burla ás mulleres traballadoras ou a ausencia de actividade cultural do Xacobeo en Vigo, cando non opina da burla da fusión das caixas so defendida por un estudo que está prohibido consultar, cando esquece a área metropolitana e a ausencia de axudas prometidas á automoción ou Peinador que tanto lle preocupara en tempos.

Eso sí, outras preocupacións, como amueblar as cociñas dos pisos de protección oficial concedidos en Navia, quizás a teñan tido máis ocupada do que se espera dunha representante dun movemento histórico.

1 comentarios:

Eifonso dijo...

Comparto y suscribo completamente lo que aquí dices.

Es una pena que un movimiento vecinal tan emblemático con el de Vigo se pueda perder por intereses políticos, espero que el interés vecinal se imponga.

Saludos
Eifonso Lagares - Islas Cíes Blog

 
Free counter and web stats