lunes, marzo 15, 2010

o demo mata moscas co rabo

Cando a Perly cala moito tempo é que algo está argallando, algo así como pór ás súas señoras do feisbuk ó teléfono cando chama a Rajoy para que lle expliquen ben clariño porqué non hai xeito de aprobar as mates se as explican en galego. Este tema xa é aburrido. Crear unha xeneración de galegos tan bilíngües como a mesma Corina non é que sexa divertido, precisamente. Ignorantes para os que os dereitos de autor dos libros de texto non existen (cómo será posible?, deben pensar despois de comprobar que os ríos de Galiza seguen no seu sitio), nin existen as nais ignorantes, irresponsables, egoístas ou incapacitadas, a no ser no cine, claro.

O debate xa cansa porque impide mirar o bosque da vida cotiá, no que ós trileiros se lle vai a forza pola boca, ou os vigueses poden quedar retratados como paletos que viven nesta cidade como mineiros de Citroen. Realmente non me gustan os lugares comúns (non por nada, pero é que as multitudes me agobian un chisco), pero hai días nos que eu tambén penso que non podemos ser tan malos como para merecer estas personaxes. Será posible que a única esperanza de desenvolvemento de Vigo chegue da man dun ruso que esixe que lle arranxen o casco vello?
 
Free counter and web stats