jueves, marzo 18, 2010

marcho ó sur

Este blog permanecerá pechado polo menos ata o xoves, así que non veñan por aquí ata entón,se non é para deixar beizóns e agasallos nos comentarios. Tamén admitiránse números de teléfono e compromisos serios para futuras relacións perfectas (xa saben, vostedes están tolos por min e a min non me importa un carallo).

¿Por qué no sur non entenden o que é unha relación perfecta?

Mentras tanto, deíxolles esta sesuda reflexión para que fagan os deberes ata a miña volta: non lle sairía a Caballero máis a conta en lugar de se resistir a pagar os pufos da Xunta, pagarlle á Voz de Galicia? Lograría así sacar adiante todos os seus proxectos de humanización? Qué máis lle ten gardado Feijóo? Pagalo IVE do sexto estudo do metro en Vigo?
 
Free counter and web stats