Mentras Feijóo decídese a presentar un recurso contra o FROB, a queixarse do negociador que lle mandan de Moncloa, a pedir unha conversa privada con Zapatero, a buscar a xubilación de Gayoso e a montar unha liorta con todo o que se mova, as empresas seguen o seu ritmo sen pensar nel nen nas súas necesidades políticas.
De todos os temas que leva movido ata o de agora neste asunto ningún deles ten sido relevante para a fusión. Se finalmente esta fusión se realiza será co tempo perdido pola súa parte e cos atrancos de pretender ter sacado a Gayoso do medio, de utilizar o parlamento galego para entrar no consello de administración das caixas e de enlearse nunha negociación que dende un principio todo o mundo sabía que so servía para perdelo tempo. O patético apoio do Bloque neste asunto, que por un dez por cento de presencia nas caixas estivo disposto a calquera cousa aínda pode serville de escusa.
A súa impericia política queda clara nun tema que, a verdade, debe de ser a ostia de importante, pero que a min ma trae máis ben frouxa. Como Corina eu teño os meus cartos e a miña hipoteca en Caixanova, e non creo que vaia haber unha rebaixa na miña cuota se se fusiona, se traslada a Madrid ou á Miami, do mesmo xeito que nin me baixaron nin me subiron a electricidade o día que Fenosa foi Unión Fenosa. Quizás se a xente non se preocupara por ser galega ou viguesa e pensara máis en ser obreira non pasarían tantos desacougos nin se verían agora no lío de explicar que o pez pequeno se come ó grande.
jueves, marzo 25, 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

2 comentarios:
Cando "Fenosa foi Unión Fenosa", vostede perdeu o que habían de pagar o impostos que se foron a Madrid, por exemplo.
¡Un saúdo!
ante todo desculpe o retraso en lle contestar, amigo Míguez.
O dos impostos nunca o tiven moi claro. Sempre pensei que o recaudador era o estado central, que logo reparte os cartos por vía presupostos xerais. Mesmo cando declara que as autonomías van "xestionar" o cobro, éste extráese do que lle toca a cada autonomía deses presupostos.
E Fenosa xa levaba tempo pagando impostos en madrid, o que non entendo é porque as caixas galeguizadoras renunciaron a participar na maior empresa enerxética española creada meses despois da súa espantada.
en calquera caso non renuncio á idea de que as grandes empresas ademáis de nos traer traballo (menos do 20% en Galiza), infraestructuras hiperdimensionadas e descontrois medioambientais, tamén deixan cartos por medio de obras sociais destinadas a diminuir o pago deses impostos.
Sigo a creer que o auténtico beneficio desas empresas é o que aportan os seus traballadores que viven nun territorio, non o difuso beneficio de sociedades. Pero é máis pola miña indixencia en canto a coñecementos societarios, polo que calquera opininión contraria á miña supoño que será máis válida.
pd. teño pendente unha consideración sobre o número de habitantes por concello para aportar na súa última entrada ;)
Publicar un comentario en la entrada