Que esto das caixas é máis ben tirando a escuro é un feito. A Xunta encargou unha auditoría que costou unha pasta pero cuns resultados que non se coñeceron ata dous meses despois de rematar. A estimación de costes da fusión foi de 1.190 millóns de euros, aínda que agora mesmo hai quen di que a posible fusión necesitaría de 2.000 millóns e soltar lastre por valor de entre 10.000 e 12.000 millóns. Ademáis, o que semellaba selo inimigo de Galiza que deixaría ó país ós pes dos cabalos de Caja Madrid agora mesmo xa non ten vetado o acceso á futura institución da caixa fusionada. Non se entende que os datos de empresas sobre as que descansa o futuro do país sexan tan pouco claros, que o partido que defende a autonomía total dos axentes do mercado pretenda aumentar a participación pública nos órganos de decisión destes, e, sobre todo, non se entende porque carallo apareceu a man o nome da Conselleira de Facenda sobre a súa sinatura no único documento coñecido sobre o tema, tendo en conta que nin sequera presntouno ela mesma, se non o seu xefe.
Polo menos, eu prefiro pensar que tema é escuro antes que chapuceiro.
miércoles, marzo 31, 2010
a fusión das caixas 2
Etiquetas:
caixa galicia,
caixanova,
economía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada