Aparece hoxe na prensa local unha aventura digna dunha escena de película de espías. O gardacostas, os concelleiros despistados falando polo móvil, os sospeitosos barbudos que non se despegan dos prohomes. A cousa non daría para máis se non fose que se filtrou á prensa. Non acabamos de entender o chiste de filtrar estes temas, posto que non deixan de ser temas de seguridade. O caso ten certas reminiscencias ó coche oficial de Touriño e a súa blindaxe. Alguén sabe se o C6 de Feijóo está blindado e canto costou en caso de que o estea (que é de supor que sí)? Porqué a manía de filtrar informacións relativas á seguridade dos políticos? O que non deixa de ser unha operación rutinaria, pasa a ser un chismorreo e mesmo un motivo de queixa popular.
Xa postos, poderían ter a intelixencia de Corina Porro, que retrasa a construcción de discotecas e tendas no porto ata a aprobación do plan de usos do porto. Xa en maio do ano pasado aseguraba que o tiña case rematado. Agora ela mesma ponse un límite para rematalo: antes de empezar coas discotecas terá que telo terminado e aprobado. O caso é que sempre pensamos que o proceso era o contrario: primeiro apróbase a normativa e logo aplícase. E non primeiro ir construíndo e logo facela normativa. Debera de ter coidado, posto que xa comprobou que os xuices ultimamente non se cortan en paralizar as obras, precisamente para evitar situacións absurdas que terán que amañar os que veñan detrás.
Podería aprender de Karpin, que por moito que se queixou no seu momento, acabou por entender que facer o túnel dende a rúa Torrecedeira sairía máis a conta que vivendas protexidas. Se non hai como sentarse a falar.
lunes, marzo 08, 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada