miércoles, diciembre 23, 2009

a casta empresarial

Bo ollo e solidariedade é o que ten a clase empresarial. Alvariño hai dous días amosaba o seu apoio a Diaz Ferrán, o tipo embargado pola xustiza inglesa, que vendeu preto de 7.000 billetes de avión a sabiendas da situación da súa empresa na que hai meses que non pagaba nin ós traballadores nin á Seguridade Social.

Como ben di o preclaro empresario vigués, "es imprescindible ajustar el reconocimiento social del empresario al elevado valor de su contribución, generando empleo y riqueza, porque sin emprendedores, capaces de asumir riesgos, no hay empresas, no hay empleo, no hay sostenibilidad social".

Agora, o que toca é asumir responsabilidades, do mesmo xeito en que non se cortan estes empresarios en se asumir méritos cando as cousas saen ben. É curioso que nestas ocasións, a culpa sexa unicamente do goberno, que non fixo o que Díaz Ferrán desexaba: baixalas cuotas da Seguridade Social (que non pagaba), flexibilizalo despido (por non pagarlles os soldos) e facilitarlle os créditos (que tampoco era quen de pagar).

No fondo ten razón: se o goberno tivese feito todo iso a costa do erario público, a súa empresa tería sobrevivido. O caso é que, según Alvariño, o mérito sería de Díaz Ferrán, non dos auténticos pagadores das súas débedas.

martes, diciembre 22, 2009

a piedade

Extráñame este titular de hoxe, cando na porta das Misioneiras do Silencio estes días podíase ler un cartaz onde lembraban a reflexión do intelectual cristián Chuck Norris sobre as supostas intencións maternais da Virxe María.

huelga

Mientras los problemas se le acumulan a Corina Porro en su gestión del puerto de Vigo, ella presenta sus soluciones: montar bares en la línea de costa. Claro que qué va a hacer la pobre, si estos trabajadores huelguistas pertenecen a la empresa Termavi, perteneciente a Marítima Davila, que tiene unas instalaciones tan divinas.

Quizá si dedicase su tiempo a planificar la salida de mercancias desde el puerto que dirige en lugar de gastar 4,5 millones de euros en montar cafeterías para los bravidos marineros de yate con forma de obra emblemática, con 32 locales comerciales y jardín de invierno la cosa no sonaría tan disparatada. Eso sí, todo bien limpio, para que los "espacios obsoletos" (sic) del puerto tengan utilidad.

Comenzamos a entender el tipo de puerto que Corina quiere para Vigo. Menos cajones de esos suciotes y más turista inglés de aquellos tan finos.

las cuentas del gran capitán

De lo que único que conocemos del proyecto económico del Pp es que será muy "austero". Una buena muestra de esto es que la Diputación, esa que considera ingobernables municipios gobernados por partidos políticos distintos a los del señor presidente de la Diputación, va a aumentar su deuda en 21, 2 millones de euros, alcanzando así el 108% de deuda para el próximo año.

Con estos datos, ¿cómo va a criticar el pobre Figueroa lospresupuestos de Concello de Vigo?. Sólo podrá decir que se quedan cortos. Porque además parecen realizados por su mismo partido.

Claro que quizás la austeridad se refiera más bien al modo en el que el Partido Popular enfrenta sus deudas, ignorando a los deudores oescamoteándoles las deudas mismas. Con éstas maneras lo mejor será que se dediquen a hurtar el sentido democrático de las instituciones, ignorando las limitaciones de representatividad que les otorgan en las elecciones. Y comprometiendo gastos que no pueden afrontar, que ya pagará el que viene detrás.

jueves, diciembre 17, 2009

os técnicos

Hai que recoñecer que os técnicos do porto saben algo máis que os que contrataba o Pp cando estaba na alcaldía. Espero que a resposta que lle dean á Porro dende o Ministerio conteña algo deste outro informe, aproveitando que están tan cerquiña. Porque xa de escoitar outras voces, pois xa non contabamos.

adiantando o venres

Por motivos persoais (búsquenme no feisbuk) non estarei operativo ata o próximo luns. Así que aquí lles deixo un par de enlaces de venres:

A razón pola cal Vigo non ten unha catedral.

E unha lembranza da infancia nun dos mellores blogs que atopei ata a data.

De nada.

periodismo de hinbestigación

Me había propuesto centrar este blog en la actividad política, ignorando otras a no ser que me llamasen la atención por aspectos abiertamente positivos o al menos esperanzadores. Pero es que hay cosas que me llevan por la calle de la amargura.

¿Cómo clasificar el hecho de que la noticia principal de la edición local del periódico más importante de Galicia lleve este contenido?

Uno busca contenidos en el texto y no los encuentra más allá de datos archiconocidos por repetidos a lo largo de este año sobre los fondos invertidos en Vigo para el Plan E, ese que pretendía amortiguar la caída de las empresas ligadas con la construcción.

El resto, es un ejercicio de adivinación y de datos inventados o cuya fuente se ignora por no mencionarla en ningún momento. Se dice que el Concello se endeudará en los próximos presupuestos del 2010 (que el redactor confiesa desconocer) justo antes de las elecciones, que son en el 2012. Es decir, se salta un año en su visión furiosa y reveladora de ignominias, al tiempo que da por falsa (o, al menos, tan fiable como la alegre descripción del propio redactor) la explicación recabada del Concello.

Luego hay periodistas que vienen con la cantinela de la crisis de la prensa. Pues debieran leer sus propios medios en lugar de chuparle las partes a la "voz de la calle", ese anciano relamido que se creyó Pedro J. Ramírez y que no pasa de ser J.J. Jameson.

Si yo leyera este texto que enlazo en algún blog, lo borraría de mi reader inmediatamente. A no ser que, en lugar de repetir datos y frases a lo largo del mismo, como es el caso, lo salpimentara con alusiones ingeniosas o al menos graciosas sobre el bandullo de Caballero. Algo del tipo "Caballero se gasta nuestra pasta para que le saquemos en este periódico" o "El alcalde pretende comprar voluntades débiles a costa de robar a los contribuyentes". Efectivamente, es la voz de la calle, de la calle del Pino, concretamente.

a estratexia

Un, as veces, sinte envexa do PP. Os tíos non se cortan un pelo cando queren algo. Que queren a fusión das caixas galegas? Pois tanto lle ten que lles diga o contrario os máis importantes apoios do seu partido, veñan da Cámara de Comercio ou da Asociación de Empresarios. E do mesmo xeito que Figueroa ameazou publicamente a Caixa Galicia cando osou visitar a presentación do proxeto de Moneo para a Praza do Rei, agora tamén desautoriza ó iletrado García Costas e ó rei dos peluquíns Alvariño. E non so porque o primeiro forme parte da dirección de Caixa Nova, senon porque ten "intereses das súas empresas privadas". Hai está, xusto no prato de garbanzos. Quen o dá, o quita, faltoulle por dicir a Figueroa.

Se o resto de partidos amosasen tanta seguridade nas súas propostas, sen preocuparse de que quen lles dá os cartos pode enfurruñarse, outro galo lles cantaría. Quizás por iso pon nervoso o Caballero. O tío vai a piñón fixo, sen moverse un ápice do seu camiño, como un novo Asterix, está disposto a reunir a un grupo de valentes que deixe a Caixa Nova como a caixa máis pequena do Estado ou fusionada con Caixa Lepe ou algo así. Se gastara as enerxías en presionar cara a unha fusión conveniente ós intereses da cidade que goberna, quizás a súa postura sería máis lóxica.

Denunciar a futura composición do consello de dirección, amarrar os préstamos tan pouco seguros que se concederon a empresas pouco fiables, pero de moito lustre, ou amarrar os préstamos nos que quere meter agora ó Concello de Vigo, etc. sería moito máis entendible. Claro que estas cousas so se entenden por comparación, e tería que explicar que Caixa Galicia tamén lle presta a partidos políticos.

O viguismo grimoso que destilan todos os representantes políticos ("levo vivindo toda a vida aquí", "eu nacín no Calvario", "pago aquí os meus impostos e traballo como o que máis por esta cidade") que en moitas ocasións leva a pensar nunha caste de sangue á que so tiña acceso Corina, por compartir os ferroláns ese toque entre hortera e proletario tan característico dos vigueses; ese viguismo, digo, ten unha base económica que debe ser desvelada agora que se fala dos cartos e das "influencias" das caixas. Esta é a gran oportunidade de realizar unha política de esquerdas, pedagóxica e loitando non pola "obra social", senón polo carácter público e profesional das caixas de aforros.

martes, diciembre 15, 2009

o trilingüismo

Se percataría alguén de que para impartir clases en inglés se necesita un profesor especialista na materia que saiba inglés? Se percataría alguén de que para impartir unhas clases en galego e outras en castelán se necesitan dous profesores? Se percataría alguén de que para ter fillos a ningures lle piden que entenda de educación, de pedagoxía, ou mesmo que teña o máis mínimo sentido común?

Non entendo o dereito dos seres humáns sobre outros, aínda que eses outros sexan os meus fillos. E mesmo cando o meu sentido común me dí que algúns rapaces son uns enfermos, pode resultar que en realidade escondan o termómetro na lámpara. Todo pode ser.

Penso que a Xunta sabe isto, e que a súa opción vai ser facer un decreto de ensinanza tan marabilloso que diga que todos os seres humanos teñen o dereito a receber clases en arameo, francés ou búlgaro. O caso é que poña os cartos e os medios para facelo, non que faga un decreto trilíngüe que contente a todos.

duas reflexións

Como hoxe a cousa esta do blogger non furrula moi ben, vou xuntar dúas reflexións:

  1. López Cháves é, sen dúbida o meu ídolo. So un prohome como el podería ter caído na conta desta previa á queima de igrexas: o belén de Corina é ocultado por unha pandilla de ateos e malnacidos que se ciscan no Neno Xesús e na Virxe María. Así empezaron no 36. Ou foi no 34, que está máis de moda agora? Cada día este home ten máis cara de facerse pis encima.
  2. Nunha sociedade de libre mercado, qué problema hai cos chineses? A envexa de que teñan cartos para pagar os alugueres non lles permite ós probes comerciantes do Calvario especular cos baixos? Digo eu que se os chineses poden pagalos será porque o negocio funciona, eu nunca vin un chino baleiro. E se cambian o negocio deixando un pufo ou trocando o nome do aluguer, pois non creo que sexan os chineses os que inventaran ese truco. Na construcción ou na hostelería levan anos facéndoo e ningures queixou ata o de agora. Mesmo a algúns lles deron premios por "emprendedores".

a soupa de leite

A cidade necesita un albergue para indixentes. Había un proxeto que incluía a asistencia destas persoas e non que lles dean unha misa a cambio dunha sopa. O alcalde non estaba a favor deste proxeto, pero pouco importaba porque a Xunta ía montala como lle parecera. A concelleira de Asuntos Sociais sí que estaba de acordo.

Cambiou o goberno da Xunta e os novos deciden que nin proxeto integral nin nada e lle dá unha porrada de euros a un cura que cambia sopa por misas. Ninguén está de acordo. A Xunta di que o problema dos indixentes a eles plin, e pon de excusa que se poñan de acordo o alcalde e a concelleira. Pero o problema segue a ser deles, porque existía un proxeto que estaba rematado e que dependía en exclusiva deles. O Concello, por medio do alcalde ofrece unha alternativa que non gusta á concelleira, co que lle fai o xogo á Xunta neste embrollo.

extrañas relacións

Cando leo cousas así, penso nestas outras.

o medio ambiente

Non son escombros, é granito procedente das obras do Ave, e non é un recheo, é unha pantalla de granito onde vai ir parar ese granito. E non se necesita un informe medioambiental porque o Tribunal de Xustiza de Galicia decidiu que nesa parte do porto os peixes están xa mortos hai décadas, así que as mareas non se ven afectadas (¿¿??), así que os 150.000 metros cúbicos de lodos poden removerse todo o que se queira.

Volve a política de feitos consumados e de que a mín plin, que durmo nun informe medioambiental. En calquera caso, se isto sigue así, veremos un enfrontamento tipo "far-west" entre a policía local e policía autonómica tentando tomar a fonte multimedia. Xa hai quen frota as mans.

lunes, diciembre 14, 2009

anda a cousa frouxa

Pois moi ben non debe de andar cando as queixas so se poden dirixir, e con razón, ó goberno local por non coidar os parques infantís ou por gastar cartos inutilmente nunha horterada de última hora. Ou as voces críticas se buscan algo mellor ou a cantinela de "qué bonito que está todo" do bialcalde Caballero acabará calando na xente.

Presentar a un señor do Pp de Ourense como presidente do Colexio de Avogados vale a longo prazo, ou a cousa das marujas de centro concertado pois non ten moito futuro, sinceramente. Nunha cidade que esixe castes de sangue para se considerar "vigués" e onde se insulta abertamente á competencia máis feble, seguro que algunha cabeza pensante poderá buscar algún tema.

Dende aquí lles suxerimos que busquen na compra dos inmobles da futura pinacoteca, ou no tratamento dos desperdicios das obras do Plan E, nas moitas necesidades que aínda lle quedan a esta cidade, como nas garderías, na ampliación da plantilla e das infraestruturas da policía e dos bombeiros, o teleférico (á Madroa ou no Berbés, tanto dá) ou os pisos protexidos, o mal e caro servico de Vitrasa, os centros de saúde pendentes (seis a última vez que falaron) e un longo etcétera que seguro saberán eles mellor ca mín. Claro que antes deberan de pensar en sacarse a parte de responsabilidade que lles toca en todo iso.

todos contra a loira

Parece ser que non gustou moito a cousa esa do recheo da Ría de Vigo, cousa que era de prever, por outra parte. De seguro que no Montecastelo estarán encantados, a cambio de que volva López Cháves ou Guerra por alí e non lles fagan ler o Camiño en galego. Pero o resto non le moi ben eso de que afundan a Ría de Vigo entre lodos e cemento. Primeiro foi A Ría non se Vende, entidade cuio nome de reminescencias anticapitalistas xa o di todo. Logo foron os de Defensa da Ría, que xa teñen máis solera. E como a cousa non podía quedar aí, pois saliu o goberno da cidade a lembrar que se é espacio o que fai falta, pois pór unha fonte, por moi riquiña que sexa, pois non semella selo máis lóxico.

E todo esto a fin de semana, xusto cando a probe Perly colle uns diíñas para adicarlle á súa horta. So lle faltaba un derrame neses días ou unha folga ou que algún antipático veña a lembrarlle que o superdivino porto deportivo de Pescanova non é legal e por riba nos custa cartos a todos. ¿Pero é que esta xente non pode collelo coche e marchar a outra parte?

Co contenta que marchara ela o venres cando lle emprestou a coste cero o chan portuario, a electricidade e a auga pagadas por todos a unha empresa privada para que saquen un encargo que non podían sacar noutros lugares.

viernes, diciembre 11, 2009

los símbolos en las aulas

Por suposto non se poden comparar as cousas, pero se teño sorte, quizás vostede sexa dos que non poden ver nin en pintura a Baltazar e idolatran a Amarildo, ou dos que opinan que Luis de Carlos era un señor e un cabaleiro español, quizás o último ata a chegada de Florentino.

En calquera caso, non perdan a oportunidade de entender qué é un símbolo.

nas distancias longas

Así, ó lonxe, Caballero deféndese ben. Está mellorando o aspecto xeral da cidade, mellorando as infraestruturas do subsolo, tenta darlle un meneo ós funcionarios do Concello, aínda que timidamente, e mesmo ás veces semella que ten un plan mestre para mellorala cidade e sorrí tanto que parece que lle van caer os dentes.

Hai un ano o problema de Vigo era o tráfico, mentras que actualmente parece ser o tráfico da cidade hacia fóra, o metropolitano, vamos. Crea conciencia de que Vigo pode ser algo máis que unha máquina de meter medo e que se pode vivir aquí sen necesidade de escapar cando un quere respirar un chisco.

Pero claro, se un mira de preto, a cousa non é tan fantástica. Das moitas tonterías que dixo na campaña electoral, a xente lembroulle o outro día aquilo das escolas infantís, que máis de cincuenta ía a montar o tío nun plis plas. Pois chegamos ó plis e as escolas nin aparecen. E ó tío non se lle ocorre nada mellor que dicir, "que pague o último en pasar". E o que pasaba era o Olveira, que viña de pasear cuns velliños e de ensinarlles a cidade para que logo a ensinen eles ós turistas. E o tío mosquéase, claro, con toda razón. O seu eran as galescolas, e agora as escolas non son "Gal", son "Galiñas Azuis", así que non hai máis que dicir. Acabou o día e rematou a romería.

E logo o colectivo de perito inmobiliarios, que saben de Ave e de humanizacións, a metelo dedo no ollo. E quen se mosquea é o mesmo Caballero, claro. Pero este home non sabe que hai que saber encaixar os golpes con deportividade? Que isto é Vigo, non Coruña. E calquera tonto pode opinar do que lle dea a gana, e ten dereito a ser escoitado no pleno, a manifestarse a berros e a ser entrevistado no Faro de Vigo. E, se ten sorte, a que algún reporteiro cachondo da Voz de Galicia faga algunha coña co conto.

nas distancias curtas

Había un anuncio na tele que falaba dun perfume que arrasaba nas distancias curtas. Algo así pásalle á Corina Porro, que nas distancias curtas é unha fera. Mentras que o Tribunal Supremo ven de declarar ilegal un recheo no porto de Marín por terse realizado antes de aprobalo o Plan de Usos do Porto, ela, que tampoco ten Plan de Usos do Porto, comenza con outro recheo.

Ademáis, o recheo, de facelo sobre pivotes, pois menos da metade. E o estudo de impacto medioambiental, pois Corina tenno claro: "é totalmente respetuoso co medio ambiente". Que cómo o sabe Corina? Coño, pois que a auga vai por debaixo do chan, ó lado dos pivotes, e así os peixiños non chocan nin nada e poden vivir felices, mirando a fonte multicolores.

Que sempre hai quen quere fastidiar estas preciosidades, por suposto que sí. Por moito que digan o que queren é afundir a Vigo, a España e a Perly, que é todo o mesmo. O caso é que a Perly xa é coñecida por deixar pufos alá por onde pasa. E éste do recheo, moito nos tememos que vai ser outro.

miércoles, diciembre 09, 2009

la senda

Uno se imagina a Caballero, cuando era presidente de la autoridad portuaria viguesa, paseando en coche hasta La Guía, mirando por la ventanilla y pensando "esto tan bonico lo voy a dejar que no se lo van a creer". Y después las habituales ensoñaciones en las que el pueblo le vitorea a él, a Michael Jackson y a Aristóteles desde la Praza do Rei.

Viene esta reflexión por lo del paseo de Teis, que volvió a salir en prensa. Si yo no digo que no sea posible, por supuesto. De hecho sería hasta recomendable. Las playas de Teis son de las mejores de la ciudad, aunque sólo sea porque va menos gente y hay más sitio para tirar la toalla, sobre todo los años en que en mayo y septiembre calientan lo suficiente. Lo que ya no veo tan claro como nuestro prohombre principal es lo de hacer un paseo por encima de los astilleros, que no destacan ni por su salubridad ni por su belleza, a no ser que a uno le vaya el rollo Mad Max, claro.

Y si quiere fastidiar a algún empresario caradura no hace falta que se vaya a Coruña a buscarlos, que aquí los hay que lo están pidiendo a gritos desde hace años y al ladito mismo del paseo ese..

tomando posiciones

Primeiro é o intento de tomala universidade e agora van a polo Colexio de Avogados. As eleccións locais xa comenzaron, con estranos estudos que non din nada, obras que non están demasiado claras pero que corren prisa, propostas surrealistas para retrasar as alleas, as ilusións de voltar a aqueles "bos vellos tempos", os modelos educativos baseados na escola privada relixiosa, e os sanitarios públicos, a resignación a que "Galicia é así, señora".

E, para gozo do viguismo, as estranas diferencias entre as planificacións "administrativas" e as "territoriais".

viernes, diciembre 04, 2009

corta y pega

Como blogueiro de pro, fistro 2.0, usuario de e-mule y torrent, y adicto a varias chorradas de éstas de, como le llama mi madre "la pantallica esa donde buscas las cosas" quiero manifestar mi más abierta repulsa a las aviesas intenciones del Gobierno de España por controlar los contenidos de la web. Así pues, viendo la gravedad de los hechos y el inminente peligro a los derechos fundamentales del indiciduo, me sumo yo también al presente manifiesto. Y ya de paso, como me paso los derechos de autor por el forro de mis santos cojones, modifico el último punto:


1. Todo el mundo tiene derecho a ver gatitos tiernos e idiotas cayéndose de sitios estúpidos en buffering cuando y donde quiera.

2. Todo el mundo tiene derecho a sentirse censurado cuando un bloguero le borra un comentario en el que llamaba puta a su madre y a su mujer.

3. Todo el mundo tiene derecho a excitarse mirando fotos de amigas de amigas de amigas en Facebook.

4. Todo el mundo tiene derecho a twittear "¡Buenos días!" y a esperar una respuesta durante horas.

5. Todo el mundo tiene derecho a hacerse una foto con el torso desnudo frente al espejo y a colgarla en Internet sin pensar que, a lo mejor, despierta más asco que admiración.

6. Todo el mundo tiene derecho a saber que es el cumpleaños de alguien a quien ni siquiera conoce y a desearle q kmpls mchs +.

7. Todo el mundo tiene derecho a recibir ofertas de Viagra y a saber que puedes alargarte el pene por 70 dólares más gastos de envío.

8. Todo el mundo tiene derecho a leer las interesantes reflexiones que Enrique Dans copia de blogs americanos cambiando el orden de los párrafos.

9. Todo el mundo tiene derecho a manipular el mensaje navideño del Rey y a colgarlo en YouTube para dicha de los súbditos.

10. Todo el mundo tiene derecho a una Internet libre y participativa, global y disidente, al libre acceso de la información y a la cultura, aunque no sea la oficial. Y nadie, ninguna Sociedad, ningún Gobierno, ningún lobby tiene derecho a arrebatarnos eso. Porque Internet somos tod@s. Y nuestros gatitos.

11. Este último punto 10 queda sustituido por el siguiente:

10. Todo el mundo tiene derecho a ver y descargarse porno gratuito de internet, utilizar el chat para poner guarradas y buscar mujeres a las que intentaremos convencer para que enchufen su cámara web para cerciorarnos de que no son, como nosotros, tipos viciosos, feos y ociosos, aunque suponga una tarea totalmente inútil en la que perderemos años de nuestra patética vida.

víctimas

Non sei ben porqué pero neste país temos a mala costume de facerlle demasiado caso ás víctimas. Noutros sitios, dentro do respecto que evidentemente merecen, se lles considera os menos apropiados para opinar de calquera mal. Aqui collemos ás víctimas de terrorismo e cremos que porque a un señor lle mataran ó fillo xa sabe de terrorismo, cando a lóxica nos di que será precisamente ó contrario. Ou escoitamos cómo un mariñeiro secuestrado di que a súa liberación foi "asquerosa" despois de recoñecer que mentiron ó país enteiro que, por certo, pagoulles a súa factura. E todos apuntámonos á solidariedade, que confundimos con "visibilidade televisiva".

O comportamento racional é contrario á victimización, e mesmo a xustiza e a equidade son contrarios a esta exaltación grimosa das chagas alleas ou propias. Visto esto, é emocionante comprobar como unhas "víctimas" da administración e a quenes lles tiraron as casas, despois de ter saído na tele e na prensa chorando o todo chorar, teñan carraxe para afirmar que

"La culpa no es de quien denuncia la concesión de licencias sino de quien las otorgó mal".

Como sempre o comportamento racional non recebe tanta interés como as bágoas e os desmaios mentras a escavadora lles tira o teito da casa. A tele non estará o día que pasen horas pensando unha estratexia común, cando estuden durantes semanas a lexislación e normativas que lles afecta, cando redacten as queixas e denuncias pertinentes, cando a xustiza lles faga caso ou non (ele mesmos recoñecen que seguen a crer nela).

venres

Como é venres e teño o corpo lixeiro, a pesares da choiva, hoxe so podo recomendarlles unha voltiña co Google Street ou como carallo sexa. Para os que non podemos nin soñar con gastar 300 euros nunha escapadiña de Ryanair a París ou Salisbury.

Vía Fogonazos.

jueves, diciembre 03, 2009

la continuación

Si desea saber cómo terminan las noticias en Galicia, recuerde no leer nunca un solo periódico. Cada uno de ellos contará la historia hasta donde le interesa. Por ejemplo, si la Directora Xeral de Traballo es condenada por un Juzgado de lo Social por tener una trabajadora sin contrato y despedirla improcedentemente después, la historia puede ser que esta digna Directora Xeral denuncie a la empleada despedida por injurias. Esto, a pesar de la sentencia en firme del Juzgado.

Pues si al día siguiente esta denuncia no fructifica, pues ya no aparece en el mismo periódico, y deberá usted buscar la noticia por otro lado.

máis de a guarda

O outro día mencionamos o tema das casas da A Guarda que están a ser derrubadas. E hoxe aparece en El País unha nova onde fan referencia ó autor da denuncia que levou ó dito derrubo. Mesmo lembran que non é a primeira vez que logra unha sentencia deste tipo. Se queren coñecer algo máis deste persoa tampouco hai que investigar demasiado, posto que mesmo mantén un blog onde se dedica a denunciar publicamente o que considera necesario. A casa rural de Ana Gandón tambén aparece.

A información completa que ven a desmontar a miña perspectiva respecto ó ocorrido coas vivendas derrubadas de A Guarda no blog de referencia. A información non lle fai mal a ningures e as denuncias, cando están sostidas en feitos que deben ser xulgados, tampouco.

miércoles, diciembre 02, 2009

déjelo respirar, hombre

Que La Voz de Galicia y Quintana no hicieron muy buenas migas no es ningún secreto. Que montar un escándalo a costa de los michelines del político impida después montar otro a costa del sentido abrazo de Feijoo con Galán (el señor de Iberdrola, que no conocería al presidente, pero invitado estaba), vale.


Pero, hombre por dos milloncejos de pesetas no vamos a discutir ahora. Sería como criticar a la Cope por las ayudas que concedió el anterior gobierno gallego.


O meu antigaleguismo impediu que me decatara que Quintana levaba camiseta


Que los de los eólicos está hecho, pero suéltame ya, Juanito.

el aparcamiento

¿Qué clase de razonamiento puede llevar a alguien titular que "El precio de la vivienda, la falta de aparcamiento y el ruido provocan el éxodo de residentes del centro de Vigo" cuando inmediatamente después se lee que las variables para determinar este éxodo son "vivienda, movilidad, transporte escolar, prácticas ambientales y acceso a servicios básicos".

La respuesta en el afamado Luís Espada, vigués universal y estudioso incansable, que relaciona "movilidad" con "problemas de aparcamiento". Sólo en la mente de un viguista de pro puede aparecer este razonamiento:

- El piso es carillo, aquí en el centro, aunque, claro, también valdrá más si lo quiero vender y comprar otro más barato en el extrarradio. Hay mucho
follón, pero bueno esto pasa en casi toda la ciudad. Pero por donde no paso ni de broma es en lo del aparcamiento. Si no tengo donde dejar el coche ni de broma me vengo a Urzaiz.

Lo malo no es que el viguista Espada razone así o que el Faro de Vigo secunde esta tontería. Lo malo es que el alcalde presente y pasados (y nos tememos que futuros) piensan lo mismo. "No sin mi coche".

Si quiere encontrar a un señor diciendo que llevar veinte minutos esperando un autobús es culpa del gobierno, véngase al centro de Vigo. Y si quiere encontrar a un alcalde diciendo que tiene más razón que un santo véngase a Galicia, donde el cuajo de los gobernantes sólo se explica por un error en matrix.

los errores

Tengo que reconocer que si algo me gusta del Pp es su manera de razonar. Me gusta eso de tener siempre la razón, pase lo que pase. Por ejemplo, que la Xunta de Galicia, en plena crisis y presumiendo de apretarse el cinturón, decide gastar 180.000 euracos en las fotos de Llanos. Pues en lugar de enviarlas a Vigo, que es donde parece que correspondería (o así lo afirma Figueroa, que para esto de las fotos es un bravo), las manda a Ribadavia. Esto después de fracasar el mismo Pp vigués en la compra de este archivo y de que el Ministerio decidiera invertir 900.000 euracos en la recuperación del Museo Etnográfico de Ribadavia.

O que Fraga decide que el Gaias es un "acierto" que merecería llevar su nombre, pues vale el tildarla de "cemento sin personas" siempre que así se saquen unos cuantos votos "progres" , suponemos. O que el Pp denuncia ante el Tribunal Constitucional el Estatuto de Cataluña, pues es culpa de Zapatero.

O que uno jura por sus muertos que en los primeros 100 días de su gobierno anulará el "decreto del gallego" y luego dice que no, pero que que garantizará que los padres puedan elegir el idioma en la educación de sus hijos, pues tampoco, a no ser que quiera garantizar una educación a la carta a cualquier tarugo que entre por la puerta. O que promete que aumentará los presupuestos autonómicos para cooperación hasta un 0,4% del total, pues los deja en un 0,086%.

Cualquiera diría que hay quien promete hasta meter y una vez metido, olvidar lo prometido. El voto, digo.

los estudios

No se le dan bien al bialcalde los estudios independientes. Primero, aquel que le ponía como el cuarto peor alcalde de España. Hombre, si no ponen a Olveira para compartir el 50% de eso de "el peor" pues no vale. Así a lo mejor pasaba al octavo peor alcalde. Además, que eso de "el peor alcalde de España" es algo así como que a uno le nombren el "puto peor", que ya mola más. Lo digo por consolarle, que no hay nada más grimoso que ver a un prepotente en horas bajas y uno también tiene su corazoncito. Que salga el Font a decirlo de una vez, ya esta bien, dejadlo en paz, que mira que plazas y que granitos y que bancos. Mala gente.

Pues aún no se ha recuperado del disgusto y ahora sale otro estudio donde la Asociación Profesional de Ingenieros de Organización Industrial de Galicia, que no es el Colegio Oficial de estos profesionales, sino otra organización no oficial, dice que sus humanizaciones son caca de la vaca. Con ésta la tiene más fácil Caballero. De esta Asociación Profesional nos consta que edita una revista de alto nivel intelectual, cuyo primer número apareció el mes pasado de este año y cuyas firmas se limitan a Carlos González Armada, famoso por presentar la denuncia contra el pleno de aprobación del Pxom. Dos horas antes se presentó el buen ciudadano a este pleno y no encontró sitio. Su único consuelo fue que otros ilustres como Javier Garrido, de Aproin, o Elena González, de la Federación de AA.VV. tampoco encontraron silla. De juzgado, vamos.

Por supuesto, esta asocición lleva ya tiempo existiendo, no se reduce su misión a editar revistillas. Ya el año pasado, antes del cambio de gobierno en la Xunta de Galicia, se dedicaban a criticar los ritmos de construcción del Ave. Vamos, que esta asociación profesional son lo que el Faro de Vigo llama "fuerzas vivas", para entendernos. Porque de aquellas la asociación se hacía conocer ante la prensa como de "peritos inmobiliarios", que por lo visto del Ave también entienden.

martes, diciembre 01, 2009

as hai que non aprenden

Non será neste blog onde se difame a ningures (polo menos a ningures que me caia ben), que para iso xa hainos a porrillo por aí. Por exemplo, teño lido nalgures que a actual alcaldesa de Mos era a noiva de Louzán, pero eu sería incapaz de repetilo, por moito que mo pida o corpo.

Así, no último congreso do Pp pontevedrés quedou de número tres unha rapaza voluntariosa que ata o de agora so era adxunta da Xefa de Persoal da Diputación de Pontevedra. E aí estaba a tía, nos tribunais das oposicións da Diputación, que por se algo destacan é pola súa imparcialidade e bo facer. Estamos seguros de que a súa labor alí axustouse ós requerimentos do Presidente. Antes disto, entre os seus logros tamén contan as súas participacións nas magníficas xestións de persoal no hospital de Pontevedra.

De todolos xeitos e porque nos cae ben, non podemos menos que temer por ela e pola súa capacidade de aprendizaxe.

lópez-chaves, ese home

Teño que recoñecer que tiña máis fe neste home. Coas súas gafiñas e os seu aire de neno repelente da clase podía aportar ese aire friki tan caraterístico do Concello vigués. Parece ser que non dá para máis. Mira que quedaría ben o tío criticando as obras do casco vello ou a retirada de farolas decimonónicas de Torrecedeira, controlando o longo das saias das funcionarias ou revolvéndose na "caca" dos indixentes xunto co señor este a quen a Xunta lle deu 200.000 euracos para levar ós probes a misa.


Fan ben nos plenos en non se parar a contestar as súas trouladas. Para López-Chaves sempre quedará a Voz do pobo.





Moito glamour e sobriedade é o que destilan os aires que respira López-Chaves

¿qué é galicia?

Lonxe da intención deste humilde blogueiro darlle a réplica ós rapaces do Gadis, que saben de ser galego moito máis ca mín. Unicamente éntrame certa morriña cando as novas se apelotonan diante miña.

Así, atopamos un país onde un de cada tres habitantes vive do Estado (xeralmente do seu mal estado físico), a parte nenos, que non hai moitos, por sorte, que estes aínda lle miran mal a un cando os pon a producir. Estes habitantes saben onde gastar a súa pensionciña, o que ocasiona algunhas baixas ó tentar solventar o mal estado do que falabamos antes. Por suposto, tamén hainos decentes que prefiren coller o servicio público, ben o tren, ben o alsa. Aínda así, o galego ten claro que como o coche propio, nada. Iso é o que lle dá a un prestancia e categoría, por moito Ave que quieran pór.

Haberá quen pense que todo isto pode ter que ver coa dispersión poboacional, pero son so ignorantes que non entenden que cando a cousa se pon fea nada mellor que convertir a parroquia en centro, ésta en barrio, e logo en centro. Así, un ben pode afirmar que "o centro perde residentes mentras as parroquias os gañan" e logo pola mesma, un pouco máis abaixo, afirmar que "uno de cada tres vigueses que vive en el centro, lo hace en uno de estos tres barrios", co que xa non sabemos ben qué é "centro" ou qué cousa "barrio". O que está clarísmo é o que é "extrarradio". Iso é o sitio onde queixamos de todo, non pagamos impostos e cando alguén tenta arranxar algo, queixamos máis aínda. O "extrarradio" é o noso modo de vida.

Por suposto, en Vigo, sempre nos queda o consolo de ser o "motor de Galicia", e isto non vai connosco.

as vivendas da guarda

É sintomático o caso de Guarda, no que varias vivendas deben ser derrubadas por un problema coa licencia. Foron abrobadas entre os anos 1999 e 2001, cando gobernaba o PP tanto no Concello como na Xunta de Galicia. As vivendas, polo visto, foron aprobadas polo Concello a pesar de non ter todos os permisos que a Xunta debera ter aportado. Un pode imaxinarse ó alcalde (ou á escura personaxe de turno) falando coa "Xunta".

- Mira, o tema ese das casas na costa, ¿cómo vai?
- Aínda nada, meu, pero ti vai facendo que como cando non hai resposta dase por aprobado, pois isto vai para largo.
- Logo dígo que sí, ¿non?
- Sí, ostia, di o que queiras, que
non é a primeira.
- Bueno, pois eu digo

E agora, o Concello (con outro partido no poder) mírase na situación de pagar unha situación tan cara como o seu presuposto anual.

o futuro da sanidade

O futuro da sanidade galega é a mesma que a do paraíso do liberalismo. Xa o mercado decidirá quen vale ou non. O caso é saber se a decisión será para o médico ou o pacente.




Sí, amigos, estades en boas mans.

qué es el urbanismo?

Y tú me lo preguntas. Urbanismo eres tú.

No se pierdan el enlace aunque sea un poco largo. En los comentarios pueden encontrar la mejor definición de esta ciudad: "Una de las ciudades del mundo con más cuestas y donde es imposible ver la Ría".
 
Free counter and web stats