lunes, noviembre 30, 2009

os aparcamentos

Xa houbo quen o dixo antes ca mín, pero pídeme o corpo repetilo: os seis aparcamentos que se constrúen no centro deberan ter sido modificados ou anulados se queremos un centro da cidade máis viable. Se a tendencia é encher o centro de Vigo de centro comerciais, de centros oficiais e de vivendas, de aparcamentos, etc. ¿qué motivo pode haber para que a xente non traia o coche ó centro da cidade e o deixe onde boamente poida? E boamente poida non inclúe alugar durante vinte anos unha praza polo custe do coche. Quizás unha alternativa, á que lóxicamente parecen tender os veciños sen necesidade de "plans estratéxicos" é a de deixar o coche lonxe do centro e buscar o servicio público.

A poboación hai tempo que escapa de Vigo a fume de carozo, buscando a calidade de vida que a cidade lles nega, ocasionando non so a sangría económica que supón o cobro de taxas varias, senón a perda de identidade nun territorio xeográfico concreto que poida chamarse "Vigo" sen pensar nun mapa que vaia de Baiona ó Morrazo. Por non mencionar a tendencia á desconcentración das vivendas que tantos cartos custan ó erario autonómico.

Mentras a mentalidade oficial pase por crer que a responsabilidade de gobernar é unicamente a de pedir cartos, mentras o viguismo rampante teña praza pública onde manifestar calquera tontería que se lles ocorra, mentras que algo tan sinxelo como aumentar as prazas de formación profesional para traballar na automoción non se lle ocorra a ningún xenio da Xunta, ou os saboteadores sen botellón por medio pensen que poden máis que o lexítimo goberno, o alcalde perda o tempo respostando a un estudio levado acabo por máis de 100 sabios descoñecidos e invitando a vellos amigos para lle contar o ben que nos va dende que está el dirixindo os nosos destinos, esta cidade non acabará de atopar o xeito, por moito que nos repoñan beirarrúas (que ben está) e nos saquen os velliños á rúa a darlle a tabarra ós turistas.

Eso sí, seguimos sendo o motor espiritual de Galicia.
 
Free counter and web stats