blogomillo
Engado a miña opinión. O tema, evidentemente, está pasado, xa non é tema no Chuza. Penso que o blogomillo sí é endogámico, do mesmo xeito que o é a literatura e a vida cultural galega. Como empresa comercial, deixa moito que desexar, envolta nunha tontería inevitable cando se fala de referentes culturais ou simplemente ideas apropiadas ou non. Baste ver o exemplo da cultura en Galicia o que se fai en Vigo estes días para beneficio da muller de Álvarez Cascos e sen apenas críticas.
A literatura galega non ten xeito de ser contrastada máis que coa literatura galega. Esto é, se o boticario de Chantada é quen de vender mil exemplares da súa obra é tan bo como o poeta de Coruña que vende o mesmo e ademáis o Concello lle monta unha lectura de poemas.
Nada que non suceda en calquera outro ámbito. Estou con Varela cando se alegra da morte do blogomillo, porque esto supón un avance, unha apertura a aspectos que teñen que quedar fóra da endogamia natural da dinámica cultural. Galicia ten máis forza que calquera outro país neste Estado e o intento de definilo nunha blogosfera non deixa de limitalo. O límite, en Galicia, asfixia a creatividade, que nunca pode perder o caracter nacional por moita diáspora de fame e sangue a que lle obriguen.
Os intentos de converter en "galego" quen xa o é de seu so poden levarnos a considerar galeguista a Fernández del Riego e a liberal a Castelao, aterrado xunto a Fraga no panteón de galegos ilustres. E considerar como fóra de Galicia a Suso de Toro por amigo de ZP.
A opinión na blogosfera non ten moito futuro máis alá da endogamia, que teñen abrazado moitos co gallo desta polémica. A opinión sen información é un pasatempo inocuo, polo xeral demasiado teimudo para aturar mesmo a Carmucha, temerosos de que lle descobran a vacuidade do xogo.
O blogomillo, como tal, non ten interese, polo menos mentras non sea quen de darse conta de que non é máis que a burrosfera, da que nós, humildemente, quixeramos formar parte ser ter calidade suficente para iso. O confeso, son un resentido.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home