viernes, abril 07, 2006

construcción galega

Os días revoltos de Marbella traen odiosas comparacións co resto da costa do estado. Galicia, por aquelo do plan Galicia, non queda atrás. Este verán vai ser unha proba de fogo para algúns proxectos que tentan de frear a especulación urbanística na nosa comunidade, poñendo especial énfase como contrapartida no desenvolvemento da protección do medio ambente (que parece selo único argumento que son capaces de esgrimir para contrapor á política do ladrillo). Polo que toca a Vigo, non semella que sexamos capaces de mirar máis alá de débedas históricas que son repetidas aquí por suxeitos que as negan noutras partes do estado. Mentras veñan, que as vistan de mona, de seda ou de viguismo, é igual.