Parece ser que aínda non rematou o bialcalde Caballero de rematala faena das "humanizacións" e xa hai quen
lle lembra que a cousa non é so pór beirarúas novas e facerlle o traballo de mantenemento a Aqualia. Agora mesmo xa hai que coidalo traballo feito, mantelo limpo e sen coches enriba, que deberán estar sempre de paso. Xa este ano o traballo dos bombeiros para apagalo
incendio nunha nave ilegal de Guixar dificultouse polos coches mal aparcados e a mala planificación que a Diputación realizou alí.
Sempre lle quedará a alternativa de botarlle a culpa ós demáis, como no sangante caso da Pinga de Leite, en que a Consellería de Traballo decide mandala xente a
un cura a quen le gusta rebozarse nas "cacas" dos indixentes para lles convencer das súas bondades antes que
disminuir o tamaño do despacho de Lucía Molares, que ocupa toda o último andar do edificio administrativo da Praza da Estrela.
E é que hai cousas que
quedan ben ditas nunha cea á hora dos chupitos, pero que, home, ó día seguinte, se un o pensa, pois
non lle falta razón ós viciños que queren garderías para todos e non so para os traballadores de Citroen, que xa ten a empresa a obriga de montala pola súa conta.
É como pretender facer dunha rúa creada nos anos setenta
unha zona fina fina, con faroliñas desas que saen nas fotos do Pacheco, con señoras con cestóns na cachola, que é o que lembramos todos os vigueses da nosa nenez, aínda que nacéramos no `83 e vivísemos toda a vida na Travesía de Vigo. Ou pretender dicir que a "
sanidade privada" son os ingresos hospitalarios e a atención pagada pola Consellería de Sanidade, as concesións administrativas das farmacias, os seguros sociais obrigatorios das empresas ou as plazas concertadas para ancianos ou as que pagan os Concellos e Diputación nos balnearios, por exemplo. Vamos, unha parvada que so se lle pode ocorrir a
un viguista deses que afirman que non se necesitan tantas camas de hospital nun lugar privilexiado como é
Vigo.
Por sorte, sempre lle quedará a Caballero a man de Feijoo, que solucionou o problemas dos derrubos de Vigo dun
plumazo:
"En derecho hay una cosa fundamental: no se pueden causar más daños que beneficios"
Hai está, con dous collóns. Un monta un recheo ilegal, fode a costa, o futuro das xeneracións vindeiras, a paisaxe, o medio ambiente marítimo e do contorno, se cisca polo camiño na legalidade que debera protexer, e so se lle ocorre dicir ó tío que agora que está feito dá unha pereza tiralo que non compensa, a verdade. É como se un ten un Audi preparado según os consellos da seguridade oficial e decide que mellor compra un Citroen, que é máis modestiño, pero máis digno. Cousas que non teñen moito sentido, a verdade.
Etiquetas: caballero, humanizacións, sanidade, vigo